sábado. 20.04.2024
A reunión entre Blanco Conde e Lorenzo Vila permitíu acadar un acordo de investidura do candidato do PSdeG

Laza terá o vindeiro sábado un Goberno municipal de esquerda

Remata a era popular no Concello de Laza. José Ramón Barreal Novo deixará o cargo de rexedor municipal o vindeiro sábado en favor do socialista Jesús Blanco Conde, quen co apoio dos dous edís acadados polo candidato de Xuntos por Laza (En Marea), Jorge Lorenzo Vila, será o novo alcalde. A primeira das medidas, renunciar á adicación exclusiva da que gozaba o popular. 

jorgelorenzovila
Jorge Lorenzo Vila posibilitará este sábado que o Concello de Laza se abra a un Goberno de esquerda.

Aínda que o pacto se daba cáseque por seguro ás poucas horas de coñecerse o resultado dos comicios do pasado 26 de maio, non foi ata este sábado cando se consumou e acordou a alianza entre os dous representantes das forzas de esquerda no Concello de Laza, Partidos dos Socialistas de Galicia PSdeG-PSOE, e Xuntos por Laza, de En Marea. 

jesusblancoconde

Jesús Blanco Conde, ex director provincial da Seguridade Social, será o vindeiro alcalde de Laza en substitución de José Ramón Barreal Novo (PP).

Como así confirmou Jorge Lorenzo Vila, candidato á alcaldía pola última das formacións, o acordo con Jesús Blanco Conde, a opción renovadora dos socialistas para o Concello de Laza, "está pechado, e aínda que quedan cousas por perfilar, a síntonía entre ambos é total e o vindeiro sábado este municipio terá un goberno de esquerda", sinalou. Lorenzo Vila ocupará a tenencia da alcaldía e o exdirector de Instituto Nacional de la Seguridad Social en Ourense, Jesús Blanco, será o vindeiro alcalde en substitución de José Ramón Barreal Novo, do Partido Popular.

jorgelorenzovila2Jorge Lorenzo Vilar, de Xuntos por Laza, quen protagonizou cos seus dous edís unha das sorpresas maiúsculas da noite electoral do 26 de maio na comarca.

CINCO EDÍS FRONTE A CATRO DOS POPULARES

Así, ambos farán valer a maioría de votos e edís que obtiveron o pasado 26 de maio, con 3 actas de concellais o PSdeG-PSOE e 2 Xuntos por Laza. Os 432 votos que colleitou Barreal Novo para o Partido Popular proporcionáronlle 4 representantes, insuficientes para manter a maioría de Goberno no Concello de Laza. 

A primeira medida que tomará o novo Executivo local será a de anular a adicación exclusiva que como rexedor se asignará José Ramón Barreal. "Ningún de nos os dous terá adicación exclusiva", precisou Jorge Lorenzo Vila. 

Laza terá o vindeiro sábado un Goberno municipal de esquerda