![José Ramón Barreal Novo, dando o seu discurso. FOTO | Xosé Lois Colmenero](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/diariodotamega/images/2020/07/24/2020072412174261749.jpg)
Desvelado o misterio lazano da última semana. José Ramón Barreal Novo, exalcalde de Laza e voceiro popular ata este mediodía, é o novo rexedor da localidade só cos votos á favor da súa formación.
O partido socialista renunciou a presentar candidatura e acabou absténdose nas votacións. Así, saiu adiante a lista encabezada por José Ramón Barreal Novo, do Partido Popular, con votos ao seu favor dos catro edís. Xuntos por Laza presentou tamén a súa opción, liderada por Jorge Lorenzo. Só obtivo dous votos, os do seus concelleiros.
Nada máis rematar o pleno de elección do rexedor, o que ata o día de hoxe fora alcalde en funcións e segundo pola lista do PSdeG, Pablo Pazos Amado, presentou a renuncia á súa acta de concelleiro.