O ata o de agora voceiro da oposición recupera a alcaldía en minoría cos apoios dos catro edís do PP

Laza retorna ó pasado: "Moncho", alcalde

José Ramón Barreal, dando o seu discurso. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

O Partido Socialista renunciou a manter a alcaldía no Concello de Laza non presentando candidatura no pleno de elección. Jose Ramón Barreal foi elexido alcalde, por minoría, cos catro votos do Partido Popular.

Desvelado o misterio lazano da última semana. José Ramón Barreal Novo, exalcalde de Laza e voceiro popular ata este mediodía, é o novo rexedor da localidade só cos votos á favor da súa formación. 

O partido socialista renunciou a presentar candidatura e acabou absténdose nas votacións. Así, saiu adiante a lista encabezada por José Ramón Barreal Novo, do Partido Popular, con votos ao seu favor dos catro edís. Xuntos por Laza presentou tamén a súa opción, liderada por Jorge Lorenzo. Só obtivo dous votos, os do seus concelleiros. 

Nada máis rematar o pleno de elección do rexedor, o que ata o día de hoxe fora alcalde en funcións e segundo pola lista do PSdeG, Pablo Pazos Amado, presentou a renuncia á súa acta de concelleiro