sábado. 20.04.2024
Servicio de Urgencias del Hospital de Verín, con varias ambulancias estacionadas. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Servicio de Urgencias del Hospital de Verín, con varias ambulancias estacionadas. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Onte pola noite, no servizo de Urxencias do hospital de Verín, falecía o veciño de 74 anos residente en Laza que horas antes, na súa propia vivenda, sufrira unha caída con fatales consecuencias. 

Vicente C. T., empresario do transporte xa xubilado, segundo informan fontes próximas aos feitos, perdeu o equilibro cando subía polas escaleiras da súa casa. A caída provocoulle unha fractura craneal moi severa e lesión de importancia que dende un primeiro momento, nada máis chegar a media tarde ao hospital verinense, fixeron que os profesionais sanitarios temeran pola súa vida. Finalmente, ás 22:20 horas, coñecíase o triste desenlace.

O pasamento do home causou consternación entre a veciñanza do municipio, algúns deles lémbrano "como unha persoa boa, traballadora e moi discreta". 

Falece no hospital o veciño de Laza que este xoves caeu polas escaleiras da súa casa