jueves. 25.04.2024
EntroidoLaza2023_cocidoFolión02
O cocido será o protagonista do menú do Venres de Folión no Entroido de Laza.

Para ir de folión hai que alimentarse. Chegan os días grandes do Entroido de Laza e a Comisión do Entroido ten preparada unha boa festa na que non pode faltar a gastronomía tradicional. Durante todos os días do Entroido, Laza contará cunha carpa climatizada para encher o bandullo e seguir a troula. Situada na entrada de Laza, o bar ofrecerá comidas para xantar ou cear. Churrasco, carne ó caldeiro, chuletas, polbo á feira ou cocido (baixo reserva) nunha carpa que permanecerá aberta dende o venres de Folión ata o o martes de Entroido.

O Venres de Folión, a Comisión do Entroido de Laza ten organizado un día ben completo. A festa comezará xa pola tarde con música polas rúas a cargo do grupo tradicional "Os Calandracas". Hora de cear e preparar o corpo para aguantar toda a noite de folión cun menú especial na Cea gastronómica do Entroido de Laza, na que se ofrecerá o tradicional cocido con café, pan e bebida para rematar cunha sobremesa de bica branca por 20€. Ante a masiva asistencia que se espera no gran Folión de Laza, será necesario reservar por anticipado antes do 15 de febreiro

folion 3 laza-28
Momento do terceiro Folión pequeno do Entroido de Laza 2023. | FOTO: Anabel G. Simón.

As entradas están á venda nos bares de Laza, no Bar América de Verín ou mesmo falando con algún dos membros da Comisión do Entroido de Laza. A degustación do gran cocido popular dará comezo a partir das 21:30 horas, previa ó gran Folión de Laza, que comezará á medianoite con saída dende o fondo da Cerdeiriña guiados polos bombos do "Folión da Veiga".

Dende alí, o estruendo da música, do lume, das chocas, da ledicia das xentes, as perrucas e os fachóns partirán cara Cimadevila nunha procesión festiva que percorrerá as rúas de Laza para seguir a troula ata altas horas da noite.  Haberá autobuses para achegarse ó Venres de Folión de Laza cun prezo único de 8€ por as viaxes de ida e volta. As saídas de Verín serán dende a Estación de Autobuses da vila ás 20:00 e ás 23:00 horas; a saída de Laza será dende a Cerdeiriña con autobuses ás 04:00h. e ás 06:00 horas.

ENTROIDO 2023 | Venres de Folión en Laza cun gran cocido popular