jueves. 18.04.2024
Euloxio Ruibal, onte no FIC.
Euloxio Ruibal, onte no FIC. | FOTO: Sabela Souto.

O Festival Internacional de Curtas de Verín Vía XIV volveu ó pasado da man de Euloxio Ruibal. Nos anos 70 dirixiu o filme "Peliqueiros", do Equipo Lupa, que se puido ver nesta edición do festival. O director garda grandes recordos das gravacións no Entroido de Laza, onde se mesturaron como se fosen un máis dentro da festa.

Na proxección do documental estiveron presentes moitos lazanos, incluidos os familiares de moitos dos que saíron no traballo de Ruibal hai 50 anos. Despois de tanto tempo, o director dice sentirse "satisfeito" de que a tradición lazana do entroido siga sendo a mesma e se manteña viva.

Como foi o comezo do Equipo Lupa nos anos 70, facendo traballos só en galego nos últimos tempos da dictadura?

Xuntámonos varias persoas con afeccións e preocupacións culturais, idiomáticas e políticas comúns. Foi unha maneira de aproveitar as nosas ideas e inquedanzas para poder contribuír algo ó desenvolvemento cultural de Galicia. Era unha época onde a xente nos miraba mal, especialmente nas grandes cidades por usar o galego. No rural non había problema ningún.

Que obxectivo se fixaron?

Quiexemos contribuír á cultura con algo que non se estaba a facer. Había algunha publicación e representacións dende os anos 50, pero moi pouco. Nós pensamos que podiamos chegar a un público maior co cinema e o certo é que o logramos. As tiradas dos libros eran duns 500 e as varias proxeccións dos nosos filmes superaban por moito esa cifra, chegando incluso fóra de Galicia como Barcelona ou ata Montevideo, sitios onde había moitos galegos.

 No FIC proxectouse "Peliqueiros", un traballo que fixeron en 1973. Que recordos garda da súa gravación?

Teño uns recordos magníficos. Axudáronos moito, pero tamén tivemos algún trallazo da pelica e algunha formiga. Fixemos de todo porque nos demos conta de que para amosar a realidade, tiñamos que introducirnos na Praza da Picota. Integrámonos como un máis e o único que nos respetaban era a cámara. Esas son as normas do Entroido de Laza, ninguén se salva e para nós foi todo un descubrimento e había momentos de todo tipo. A veciñanza de Laza recibiunos moi ben, pero sorprendeunos que era como entrar noutro mundo, cunha festa constante. Nós case que só facíamos un pequeno acto de presencia no hotel porque o entroido hai que vivilo. Eu creo que nós quixemos ou nos obrigaron a ser unhos entroideiros máis. 

Despois de case 50 anos, como se sinte ó ver que a tradición segue moi viva en Laza?

 É admirable que se siga conservando. Nas cidades xa perdeu a súa razón de ser, con grandes desfiles e carrozas que parecen máis a cabalgata de reis que o entroido. En Laza vese o auténtico e nós fixemos un esforzo para amosalo no seu memoento e hoxe aínda se mantén na Picota. Estou moi satisfeito e contento de que a xente moza traballe con ganas e ilusión, porque moitas veces non se fan así as cousas, e o Entroido de Laza é unha manifestación moi profunda para a localidade.

ENTREVISTA | Euloxio Ruibal, director de "Peliqueiros": "O noso cinema contribuíu algo...