as actuacións, subvencionadas polo IDAE, executaránse en Alberguería, Arcucelos, Camba, Cerdedelo e Toro

O Concello de Laza investirá máis de 80.000 euros en substituír luminarias en cinco das súas aldeas

Aldea de Arcucelos, en Laza, unha das cinco nas que serán substituídas as luminarias por outras máis eficientes.

O grupo de Goberno do Concello de Laza vén de anunciar o inminente inicio das obras de substitución de luminarias en cinco das súas localidades, cun investimento de 82.000 euros. Alberguería, Cercedero, Toro, Camba e Arcucelos (núcleo) serán as beneficiadas con esta actuación. 

O Concello de Laza vén de anunciar o inminente inicio das obras de substitución do alumeado público en cinco das súas localidades, ao abeiro dunha subvención concedida polo IDAE (o Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía), que lle permitirá, ademais dunha considerable reducción das emisións de CO2, un importante aforro no recibo da luz coa conseguinte disminución nas partidas de gastos en bens e servizos orzamentados polo grupo de Goberno. 

O investimento será duns 82.000 euros e consistirá na substitución dos actuais equipos de alumeado, por luminarias moito máis eficientes, con fontes de maior eficacia e dotadas de equipos de regulación e control. Tamén serán instalados novos cadros eléctricos para mellorar a seguridade e fiabilidade dos sistemas públicos de alumeado. 

Nesta primera actuación, as aldeas que se beneficiarán das melloras no seu alumeado serán Alberguería, Arcucelos -o núcleo-, Camba, Cerdedelo e Toro