sábado. 12.10.2024
A comisión de control en Laza, presidida polo alcalde, Moncho Barreal. | FOTO: Xosé Lois Colmenero
A comisión de control en Laza, presidida polo alcalde, Moncho Barreal. | FOTO: Xosé Lois Colmenero

Algo máis tarde das 10:00h deu comezo, na Casa do Concello de Laza, a comisión de control do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego para peóns do Grupo Municipal de Emerxencias (GES), que fora convocada o pasado día 22 de xuño polo alcalde do municipio, Moncho Barreal. É precisamente o rexedor quen preside a comisión, e quen, uns minutos antes de dar comezo á xuntanza, mantivo unha conversa privada con varios dos asesores técnicos do tribunal examinador. 

Isto prodúcese despois de que a formación Xuntos por Laza denunciara publicamente o proceso selectivo, advertindo de posibles irregularidades, cando un dos candidatos, sen experiencia, obtivo as mellores cualificacións. 

O comité está composto polos representantes dos sindicatos maioritarios (CCOO, CIG, UXT e CSIF) e da administración local, representada polos concelleiros Víctor Saínza e Lorena Costa. Tamén polos asesores técnicos do tribunal examinador que participaron no proceso.

Comeza a comisión de control da selección dos GES en Laza