
Interesante, movida e con todas as papeletas para que o pleno dos orzamentos se convirta na primera das fases da ruptura do acordo de Goberno entre socialistas e Xuntos por Laza, se presenta a sesión plenaria na que se debatirá o orzamento para este ano 2020 no concello lazano.
Mañá teremos o pleno dos orzamentos. Vai haber guedella. Xa sabedes como andan os de En Marea (...). Así e todo, poida que nos quede pouco (Jesús Blanco, alcalde de Laza)
Segundo está a enviar o propio rexedor por mensaxe de Whatsapp a todos os seus acólitos, Jesús Blanco recoñece que o acordo que o levou ao sillón de alcalde pode estar dando os seus últimos coletazos. O tenor literal da comunicación que está a enviar é o seguinte: "Mañá teremos o pleno dos orzamentos. Vai haber guedella. Xa sabedes como andan os de En Marea. Hoxe boicoteáronme unha xunta de Goberno e a reunión para explicarlles os orzamentos. Nestes van todas as obras propostas por eles e o seu programa de envellecemento activo. Así e todo, poida que nos quede pouco. Seguiremos intentándoo. Se podedes e queredes asistir, acudide con máscara, aínda que o salón é suficiente para gardar a distancia e poder estar sen ela".
Jorge Lorenzo, de Xuntos por Laza, tenente de alcalde lazano.
O pleno está previsto para as 12:00 horas e o principal punto da orde do día é o debate dos orzamentos, por importe total de 1,4 millóns de euros, e todo indica que terán os votos en contra dos seus socios de Goberno, Xuntos por Laza, liderados por Jorge Lorenzo.