Venres. 29.03.2024
Beny é a propietaria de Lencería Glamour, ubicada na rúa Montemaior de Verín. | FOTO: Jainer Barros.
Beny é a propietaria de Lencería Glamour, ubicada na rúa Montemaior de Verín. | FOTO: Jainer Barros.

Lencería Glamour abriu as súas portas hai case 17 anos na rúa Montemaior de Verín. Daquela, a súa dona, Beny, iniciaba unha etapa no mundo da roupa interior na que se foi especializando a base de experiencia. "Eu trato de adaptarme ao que me piden e gústame ofrecerlles unha atención personalizada para que merquen algo que lles vaia ser cómodo", explica. Escoitar necesidades e aconsellar son os piares sobre os que se sustenta a súa maneira de atender á clientela, que finalmente é a que decide.

Nesta tenda pódese atopar "de todo e para calquera idade". Pixamas, lencería máis sexi ou máis normal, roupa interior masculina ou calcetíns, entre outras cousas. "Aquí entra público de todas as idades, novos e maiores, e hai algo para eles", sinala. Hoxe, con motivo do "Black Friday", en Lencería Glamour pódese mercar calquera dos seus produtos ao 20% e algúns seleccionados ao 50%.

Lencería Glamour dispón de roupa interior masculina de Disney inspirada no Nadal, un bo agasallo para as festas. | FOTO: Jainer Barros.
Lencería Glamour dispón de roupa interior masculina de Disney inspirada no Nadal, un bo agasallo para as festas. | FOTO: Jainer Barros.

 

En busca de agasallos de Nadal, Lencería Glamour ofrece prendas divertidas inspiradas nesta data festiva, pero tamén a tradicional roupa interior de cor vermella imprescindible para esas datas. Conxuntos máis ou menos picantes para despedir o ano son outras opcións que están á venda nesta tenda. "Temos de todo", engade.

Roupa interior vermella, imprescindible para as datas de Nadal. | FOTO: Jainer Barros.
Roupa interior vermella, imprescindible para as datas de Nadal. | FOTO: Jainer Barros.

 

O máis complexo de dirixir unha lencería é a venta de suxeitadores, dado que todos os corpos son diferentes e non lles van ben as mesmas cousas. "Hai que fixarse moito na complexión das clientas e, aínda que eu as vexo nun primeiro momento con roupa, case nunca me equivoco parar conseguirlles unha talla axeitada para elas", recoñece Beny. Isto lógrase grazas a moitos anos apreciando distintos corpos todos os días. "Levar unha tenda deste tipo non é nada fácil, podes aconsellar á clientela, pero nunca a forzarla a que leve unha prenda que pode que non lle vaia ben", apunta.

Os suxeitadores están dispoñibles en varias tallas e formar para adaptarse a todo tipo de corpos. | FOTO: Jainer Barros.
Os suxeitadores están dispoñibles en varias tallas e formar para adaptarse a todo tipo de corpos. | FOTO: Jainer Barros.

 

Para os casos máis complicados, con mulleres que teñen grandes diferenzas de talla nos peitos, Beny foi adquirindo diversos "trucos" que amosa ás súas clientas para que elas se vexan ben e se sintan cómodas. "Nestas ocasións hai que esforzarse máis, pero o importante é que levan un suxeitador que lles brinde comodidade e que o vaian usar", comenta Beny.

As claves de Lencería Glamour, escoitar e aconsellar, son as mellores ferramentas para que a clientela desexe volver. "O resultado final dunha venta, para min, é que marchen contentos para que volvan", asegura Beny. 

A tenda Lencería Glamour atópase na rúa Montemaior, número 5, de Verín. | FOTO: Jainer Barros.
A tenda Lencería Glamour atópase na rúa Montemaior, número 5, de Verín. | FOTO: Jainer Barros.

NOTICIAS DE EMPRESA | Lencería Glamour ofrece atención personalizada con 17 anos de...