jueves. 18.04.2024
Talleres Martínez Multimarca ofrece servizo de reparación, venta  e aluguer de vehículos. | FOTO: Noelia Caseiro.
Talleres Martínez Multimarca ofrece servizo de reparación, venta e aluguer de vehículos. | FOTO: Noelia Caseiro.

Talleres Martínez Multimarca está de estrea coa oferta dun novo servizo exclusivo para os seus clientes. Dende esta semana contan cun banco de potencia, o único activo da provincia, para medir a potencia e o rendemento dos vehículos. Isto complementa a reprogramación electrónica para optimizar os coches que teñen á disposición dos clientes, xa que son distribuidores da firma BND Unlimited dende fai máis de dous anos. "O banco de potencia permite comprobar o resultado desa reprogramación", sinala Simón Martínez, xerente deste negocio situado na avenida de Castilla, 163.

O exclusivo banco de potencia no que poden comprobar os resultados das reprogramacións electrónicas nos vehículos. | FOTO: Noelia Caseiro.
O exclusivo banco de potencia no que poden comprobar os resultados das reprogramacións electrónicas nos vehículos.

Este negocio verinés leva máis de 40 anos no mundo do motor, pero a innovación non para. Se recentemente estrearon o banco de potencia, o pasado mes de maio inauguraron un servizo de aluguer de vehículos. "Non hai ninguén que o faga en Verín", apunta Martínez. Esta oferta está composta por turismos e tamén por unha furgoneta dispostos para os clientes.

A acollida do aluguer de vehículos foi boa, xa que as outras opcións dispoñibles para conseguir un coche deste tipo atópanse en Ourense ou en Benavente. Martínez recoñece a alta demanda deste primeiro verán coa oferta en marcha. "Xa tivemos algún cliente ao que tivemos que recoller na estación de Alta Velocidade da Gudiña para levar un dos coches", conta.

Vehículos dispoñibles no servizo de aluguer. | FOTO: Noelia Caseiro.
Vehículos dispoñibles no servizo de aluguer. | FOTO: Noelia Caseiro.

 

Aínda que non frean na innovación da súa carteira de servizos, a súa traxectoria está marcada pola dilatada experiencia en reparacións de todo tipo e na venda de vehículos seminovos. "Levamos 40 anos xa como taller e o que máis facemos é a venda de coches seminovos, nacionais e importados. Seleccionamos un bo material", explica Martínez. A súa influencia e calidade dos produtos que teñen dispoñibles lévanos a que "a metade das vendas sexan para fóra da zona".

Exposición de coches seminovos á venda. | FOTO: Noelia Caseiro.
Exposición de coches seminovos á venda. | FOTO: Noelia Caseiro.

 

A paixón polos vehículos deportivos, na que están especializados e ata contan cun equipo de carreiras, son outra liña de venta que os fai ampliar fronteiras. Algúns dos envíos máis recentes foron parar a Mallorca ou a Santiago e xa teñen un coche vendido que irá para Valladolid. "Teñen marchado para todos lados", engade Martínez.

O se equipo de automobilismo fan que Talleres Martínez Multimarca esté especializados en coches de gamas deportivas. | FOTO: Noelia Caseiro.
O seu equipo de automobilismo fai que Talleres Martínez Multimarca esté especializados en coches de gamas deportivas. | FOTO: Noelia Caseiro.

NOTICIAS DE EMPRESA | Talleres Martínez Multimarca estrea banco de potencia, o único da...