Terán lugar os días 3 e 4 de xuño de 2022

Xa están dispoñibles as entradas das IV Xornadas de Novela Negra

Cartel da IV edición das Xornadas de Novela Negra.

Dende a Biblioteca Municipal do Concello de Verín informan que xa están dispoñibles as entradas para as IV Xornadas de Novela Negra "Personaxes de Novela", que se celebrarán os días 3 e 4 de xuño no Auditorio de Verín.

As entradas diarias teñen un prezo de 2 euros. Este custo simbólico ten un doble obxectivo: por unha banda, evitar a retirada a entradas sen ter a certeza absoluta de acudir ao evento, que conleve a que xente realmente interesada quedase sen as citadas entradas; e por outra, conseguir unha colaboración simbólica coa Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín e as súas actividades de fomento á lectura.

As entradas poden adquirirse na propia Biblioteca Municipal, e os días 3 e 4 de xuño no propio Auditorio de Verín. Así mesmo habilitouse unha conta bancaria (ABANCA: ES83 2080 5168 1431 1001 4324) para realizar transferencia para os que non podan acudir á Biblioteca de Verín, debendo enviar por mail á conta biblioteca@verin.gal o xustificante da transferencia e o nome e apelidos dos asistentes, para que o persoal da biblioteca teñan apartadas as entradas que estarán ao seu dispor no auditorio de Verín os días das xornadas de Novela Negra.