Actividades para os días 13, 14 e 15 de maio
AXENDA | O mes das letras e das flores
13 de mayo de 2022 (15:29 h.)
O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas e xa comezan os seus preparativos. E a estes, por ser o mes no que a primavera devolve o movemento ás rúas, engádenselles tantos outros eventos de índole folclórica ou encadrados no sector do ocio. A continuación terás unha listaxe de todas estas actividades.
VENRES 13 DE MAIO
Verín:
- 20:30 horas. Proxectarase El juego de las llaves no cinema municipal. A entrada poderá adquirirse na taquilla do cinema media hora antes do inicio da película; terá un prezo de 5 €. Cómpre remarcar que esta comedia romántica non está recomendada para menores de 16 anos.
SÁBADO 14 DE MAIO
Verín:
- 17:00 horas. Proxectarase no cine municipal El secreto de Vicky, unha película de aventura e comedia apta para todos os públicos. A entrada terá un prezo de 5 € e poderá adquirirse en taquilla media hora antes do inicio do filme.
- 19:30 e 22:00 horas. Haberá dous pases para ver El juego de las llaves no cine municipal. A entrada será de 5 €.
Xinzo de Limia:
- Os veciños de Xinzo prepáranse para recuperar unha tradición despois de décadas sen celebrala: a Feira das Mozas, na que, orixinariamente, os solteiros da vila buscaban parella. Durante todo o día haberá un pasarrúas pola feira e o casco vello a cargo de «Lirolaio», «Cidade de Antioquía» e moitos máis.
- 20:00 horas. Celebración da «Última Verbena» a cargo de «O Fiadeiro» na Praza Maior. Despois, haberá verbena.
- A estas celebracións engádeselle a exposición «As feiras de Xinzo na historia» pola ruta dos viños.
Viana:
- 18:00 horas. Terá lugar un obradoiro de marcapáxinas na Praza Maior co gallo das preparacións para o Día das Letras Galegas.
DOMINGO 15 DE MAIO
Verín:
- 17:00 horas. Proxectarase El secreto de Vicky no cinema municipal. O custo da entrada será de 5 €.
- 19:00 horas. O actor galego Luis Zahera interpretará o monólogo «Chungo» no Auditorio municipal de Verín. As entradas terán un custo dende 12 € e poderán adquirirse nesta ligazón: https://www.woutick.es/evento/22823/entradas-luis-zahera-en-verin?busqueda=luis zahera&place=239&date=15-05-2022&time=19:00&showId=28597
- 19:30 e 22:00. Haberá dous pases para ver El juego de las llaves no cine municipal. A entrada será de 5 €.