É un dos lugares máis activos dos últimos anos

NOTICIAS VERÍN | Controlado un lume na parroquia de Montes, en Cualedro

Incendio en Santa Baia de Montes (Cualedro)

A rápida actuación dos equipos de extinción da Xunta de Galicia vén de facerse co control dun lume iniciado pouco despois das 16:30 horas na parroquia de Santa Baia de Montes, no concello de Cualedro

O lume orixinouse no límite desta aldea co da súa veciña de San Martiño, ambas vítimas nos últimos anos de importantes incendios. 

Na extinción, ademais de veciños, tamén participaron medios aéreos.