Comezou arredor das 19:40h e foi controlado unha hora despois

NOTICIAS VERÍN | Estabilizado o incendio forestal de Montes, en Cualedro

O fume procedente do incendio de Cualedro. | FOTO: Incendios Galicia

(ACTUALIZACIÓN)

Ás 20:47h foi estabilizado o incendio que arrasou arredor dunha hectárea de superficie en Montes, concello de Cualedro. O incendio comezou ás 19:40h, momento no que se mobilizaron aos equipos de extinción. Continúan traballando na zona dous axentes medioambientais, tres autobombas da Xunta de Galicia e cinco brigadas. Por aire operan dúas avionetas e un helicóptero.