Xoves. 28.03.2024
Colas para a vacina no hospital de Verín, correspondentes a outra franxa de idade. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Colas nos primeiros días da subministración da vacina no Hospital de Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Segundo as informacións aportadas pola Consellería de Sanidade esta mesma mañá, o estado de Verín no referente ao coronavirus empeora considerablemente: nos últimos tres días sumáronse dez positivos, pasando dos cinco notificados o luns aos 15 de hoxe, xoves.

A situación en Cualedro parece controlada logo de ter sumado 15 casos nos últimos dez días, dez deles dende este pasado luns.

Castrelo do Val continúa cun só caso ao longo dos últimos dez días e Laza, que tamén tiña un, hoxe inicia a xornada con cero casos, uníndose a Oímbra e a Riós nese ansiado grupo dos concellos sen novos contaxios.

Monterrei continúa cun só positivo como nos últimos días, e Vilardevós mantén o tres casos de onte.

CORONAVIRUS VERÍN | Notable repunta de positivos no concello verinense, con dez novos...