domingo. 19.07.2026
Dúas modalidades: grao elemental e profesional

Aberto o prazo de inscrición para o Conservatorio de Verín no curso 2026/27

Cartel informativo sobre o acceso ao Conservatorio Municipal de Música de Verín para o curso 2026/27.
Cartel informativo sobre o acceso ao Conservatorio Municipal de Música de Verín para o curso 2026/27.

Conservatorio Municipal de Música de Verín (CMUS) abre o prazo de inscrición para o acceso ao centro de cara ao curso 2026/27. As solicitudes poderán presentarse entre o 1 e o 8 de xuño no Concello de Verín.

O centro oferta prazas en dúas modalidades: Grao Elemental e Grao Profesional, con especialidades en clarinete, violín, frauta travesa, guitarra, piano, trompeta, trompa, trombón, percusión e saxofón.

Para facilitar a información ás familias interesadas, o CMUS organizou recentemente charlas informativas abertas.

A convocatoria está promovida polo Concello de Verín en colaboración co propio CMUS e a ANPA do centro.

Aberto o prazo de inscrición para o Conservatorio de Verín no curso 2026/27
Comentarios