Dúas modalidades: grao elemental e profesional
Aberto o prazo de inscrición para o Conservatorio de Verín no curso 2026/27
03 de junio de 2026 (11:55 h.)
O Conservatorio Municipal de Música de Verín (CMUS) abre o prazo de inscrición para o acceso ao centro de cara ao curso 2026/27. As solicitudes poderán presentarse entre o 1 e o 8 de xuño no Concello de Verín.
O centro oferta prazas en dúas modalidades: Grao Elemental e Grao Profesional, con especialidades en clarinete, violín, frauta travesa, guitarra, piano, trompeta, trompa, trombón, percusión e saxofón.
Para facilitar a información ás familias interesadas, o CMUS organizou recentemente charlas informativas abertas.
A convocatoria está promovida polo Concello de Verín en colaboración co propio CMUS e a ANPA do centro.