As 24 asociacións do territorio galego déronse cita co turismo como fío conductor da convocatoria

Monteval, presente no II encontro Leader Galicia na Estrada

Os tres representantes de Monteval participaron na II xuntanza do Leader Galicia na Estrada (Pontevedra).
O II Encontro Leader Galicia "O Leader e o Turismo como dinamizadores do Rural" tivo lugar este mércores na localidade pontevedresa de A Estrada. A Asociación Monteval, responsable da xestión dos fondos europeos para a comarca, estivo representada co seu órgano xestor ao completo. 

O II Encontro Leader Galicia puxo de relevancia o investimento, a innovación e a cooperación que necesita a comunidade para impulsar o rural galego, que conta cunha partida de 84 millóns de euros procedentes do programa Leader 2014-2020 e que suma 175 millóns en total, de 2007 a 2020.

Á cita deste mércores, celebrada na Estrada (Pontevedra), acudiu o conselleiro de Medio Rural, José González, que destacou esta iniciativa como "unha das mellores ferramentas" que posúe a rexión "para facela crecer" e "dinamizar" o  agro galego. Alí estaban os tres representantes do órgano xestor do GDR-9, Asociación Monteval, integrada por todos os municipios da comarca de Monterrei. 

En concreto, o responsable do departamento referiuse aos proxectos destacados que se acollen aos plans Leader 2014-2020 e que están xestionados polos Grupos de Desenvolvemento do Rural (GDR).

Entre eles, subliñou os adicados ás accións de mellora do contorno rural, obras de recuperación e rehabilitación do patrimonio histórico, iniciativas para a posta en marcha de novos recursos turísticos e para a creación ou mellora de áreas recreativas, áreas fluviais e carreiros.

En total son 24 os grupos que impulsan estas medidas e que, a xuízo de González, son "primordiais" para lograr a dinamización destes espazos e "prioritarios" á hora de implantar políticas de desenvolvemento.

ESTRATEXIAS
Ademais, o conselleiro fixo mención ao recente anuncio do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sobre a estratexia do Goberno galego, que se ampara en catro alicerces: Galicia verde, Galicia familiar, Galicia xoven e Galicia innovadora. Catro ideas que "pasan por un rural forte", apunta.

Igualmente, nesta xornada púxose en valor o respaldo prestado desde esta medida a proxectos asociados ao desenvolvemento turístico, que entre 2007 e 2013 levou a cabo 644 iniciativas que posibilitaron a creación de 161 postos de traballo e a consolidación doutros 268, segundo explicou a Administración autonómica nun comunicado.

TRABALLOS

Polo que respecta aos anos 2018 e 2019, calcúlase que preto de 11,5 millóns de euros están suxeitos, directamente, á actividade turística ou de lecer e que, desta forma, consolidaranse máis de 100 postos de traballo e crearán máis de 98 empregos no sector.