VECIÑO DA MEZQUITA INVESTIGADO POR INCENDIO FORESTAL

Veciño da Mezquita investigado como presunto autor dun incendio forestal

Imaxe de arquivo da entrada principal dos Xulgados de Verín.

As dilixencias foron tramitadas no Xulgado número 1 da vila verinense

Un veciño da Mezquita de 36 anos acudiu, no día de onte, a prestar declaración ante os axentes da Garda Civil acusado dun delicto incendio foretal no lugar de Carballaregos.

A. R. B. atopábase o pasado mércores 31 de xullo, supostamente, co seu tractor realizando funcións de carácter agrícola, cando se produciu o lume que se propagou polo terreo onde el estaba e chegou a calcinar 100 metros cadrados de monte. As dilixencias foron tramitadas no Xulgado número 1 da vila verinense.