Os interesados poden apuntarse de maneira individual ou en familia, chamando ao 988 425 541

O Concello da Mezquita doará un castiñeiro a cada veciño que queira plantalo no comunal

Vello castiñeiro de Manzalvos, no Concello da Mezquita. | FOTO: M. Ceballos.

O próximo 13 de marzo o concello acollerá a todos os que queiran plantar a súa árbore, concretamente un castiñeiro, que será doado pola propia localidade para ocupar un lugar no monte comunal. 

Deberán, iso si, porlle nome e coidalo con "moito agarimo". 

O Concello da Mezquita propón unha iniciativa que ten por obxectivo a reforestación dos montes do municipio con árbores autóctonas de Galicia. O proxecto amósase como participación social, baixo o nome de A(mp)adríñame.

Por iso, o próximo 13 de marzo o Concello acollerá a todos aqueles interesados en plantar a súa árbore, concretamente un castiñeiro, que será doado pola propia localidade para ocupar un lugar no monte comunal. Os usuarios deberán porlle nome á planta.

Ademais, os concursantes poderán optar a que a súa árbore sexa colocada nun lugar céntrico da vila, onde estará máis visible. Os interesados poden participar de maneira individual ou en familia, chamando ao 988 425 541, para anotarse.

Cartel da iniciativa