Os novos horarios entrarán en vigor o luns 22 de xuño

Verín terá autobús directo á Gudiña para enlazar co tren de primeira hora a Madrid | NOTICIAS OURENSE

Representantes institucionais e da empresa Atvisa, na presentación dos novos horarios de autobús.

Xunta de Galicia reforzará, a partir do vindeiro luns 22 de xuño, os servizos de autobús que conectan a estación de tren da Gudiña–Porta de Galicia coas comarcas de ValdeorrasViana e Verín, co obxectivo de mellorar a coordinación cos novos horarios dos servizos ferroviarios de alta velocidade con orixe e destino en Madrid. Así o anunciou o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, durante a súa visita á Estación de autobús do Barco de Valdeorras.

A principal novidade é a creación dunha liña directa entre Verín e A Gudiña, a única destas características operativa na provincia de Ourense xunto coa liña Ourense–Vigo. Este servizo sairá de Verín ás 6:40 horas e chegará á estación ás 7:20, permitindo a conexión co tren das 7:44 con destino a Madrid.

En total, haberá 10 servizos diarios de autobús coordinados cos horarios ferroviarios: tres conectarán con Verín e sete coas comarcas de Valdeorras e Viana. Os axustes responden ao restablecemento do tren de primeira hora da mañá entre A Gudiña e Madrid, un servizo demandado pola veciñanza da zona.

Ao mesmo tempo, axustaranse os horarios dos servizos entre A Gudiña e O Barco de Valdeorras, permitindo o enlace cos trens con saída ás 7:44 e 12:08 horas cara a Madrid. Optimizáronse tamén diversos itinerarios para reducir tempos de viaxe e ofrecer conexións máis directas.

O delegado territorial Manuel Pardo presentou os novos servizos na Estación de autobús do Barco de Valdeorras.

"Unha vez máis, adaptamos os servizos ás necesidades da veciñanza para facilitar a súa accesibilidade e potenciar un modelo de transporte público que contribúa á vertebración territorial da provincia e de Galicia", recalcou Manuel Pardo, quen engadiu que os cambios son resultado da análise do aumento da demanda entre estas comarcas.

Os concellos que se benefician da mellora son Viana do BoloO BoloPetínA RúaVilamartín de ValdeorrasO Barco de Valdeorras e Verín. A información sobre os novos servizos estará dispoñible en bus.gal e nas aplicacións Transporte Público de Galicia e MoBT.