sábado. 27.07.2024
Vilardevós

Vilardevós traballa na construción dun parque sostible de autocaravanas

O PSdeG-PSOE de Ourense continúa co seu percorrido de campaña electoral pola provincia e este mércores fixo parada en Vilardevós, onde aproveitaron para pór en valor a importancia de aproveitar os fondos europeos para apostar por iniciativas de turismo sostible. As e os socialistas destacan o “importante pulo” dado polo Goberno neste senso a través dos fondos Next Generation que deixaron 6,5 millóns de euros na provincia para investimentos.

 

A candidata do PSdeG-PSOE de Ourense, Lorena Guerra Vigo, visitou Vilardevós, onde foi recibida pola alcaldesa, Eva Pérez Gamote; pola deputada provincial, Marina Vaz, e por outros cargos orgánicos do partido a nivel local e provincial. Durante o encontro analizaron polo miúdo o proxecto do actual goberno socialista da localidade para a construción dun parque de auto caravanas sostible. Un proxecto para o que se solicitarán fondos europeos.

 

Guerra e Gamote fixeron fincapé na “necesidade de que os concellos aposten polo turismo sostible” e no caso concreto de Vilardevós expuxeron varios temas de vital importancia como o xa mencionado parque de autocaravanas, a inclusión dunha variante da Vía da Prata, ou o desenvolvemento de infraestruturas que permitan a práctica deportiva na natureza. “Todos estes proxectos poden contar con axudas europeas gracias a labor do PSOE en Europa”, salientaron as e os socialistas. 

 

“O PSOE aposta pola provincia e polo turismo sostible con plans para a mellora de infraestruturas e a creación de novas instalacións nos concellos da provincia a través dos fondos Next Generation”, salientou a candidata socialista.

Guerra Vigo tamén fixo fincapé en que estes fondos chegados dende Europa “van permitir desenvolver un novo modelo de turismo sostible, adaptado ás necesidades e demandas dos viaxeiros, diversificando a oferta turística e dando un maior posicionamento á provincia”

 

20240529_175145
1 / 10

O PSdeG de Ourense visitou Vilardevós.

20240529_175305
2 / 10
20240529_175315
3 / 10
20240529_180121
4 / 10
20240529_180440
5 / 10
20240529_180924
6 / 10
20240529_181012
7 / 10
20240529_181021
8 / 10
20240529_181025
9 / 10
20240529_181109
10 / 10
Comentarios
Vilardevós traballa na construción dun parque sostible de autocaravanas