jueves. 25.04.2024
Viana

NOTICIAS VIANA | Os vianeses alzan a voz para que a ningunha muller lle "corten as ás"

Viana sumouse ós actos en repulsa da violencia de xénero neste 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Para conmemoralo, colocaron un mural no que participaron varios veciños do municipio coa elaboración de numerosas bolboretas que acompañaron ao lema escollido para esta xornada: "Que non che corten as ás".

 

Na Praza Maior do municipio instalouse unha mesa informativa, a cargo do CIM de Viana, onde tamén se atopaba o mural, e alí se leu un manifesto para condenar a esta lacra social. A concelleira Ramona García foi a encargada de lela ante os numerosos presentes.

 

Os actos con motivo do 25N continuarán mañá co concerto "Con nome de muller", no que o dúo de piano e voz con Cristian Leggiero e Paty Lesta fará un percorrido polas cancións máis famosas con nome de muller e, ademais, tratarán a violencia contra elas a través da música. Esta cita terá lugar na Casa da Cultura.

WhatsApp Image 2022-11-25 at 13.54.00 (1)_Easy-Resize.com
1 / 7
2 / 7

A concelleira Ramona García leu o manifesto en repulsa da violencia de xénero.

WhatsApp Image 2022-11-25 at 13.54.00 (3)_Easy-Resize.com
3 / 7
WhatsApp Image 2022-11-25 at 11.06.20
4 / 7

O mural decorado con bolboretas feitas por veciños do municipio.

WhatsApp Image 2022-11-25 at 13.54.01 (1)
5 / 7
WhatsApp Image 2022-11-25 at 13.54.01
6 / 7
WhatsApp Image 2022-11-25 at 13.54.00
7 / 7

As vianesas máis veteranas amosaron as súas feministas bolsas.

Comentarios
NOTICIAS VIANA | Os vianeses alzan a voz para que a ningunha muller lle "corten as ás"