jueves. 25.07.2024
Verín

Cinco novas obras de Banksy nas rúas de Verín

Banksy, o artista urbano máis destacado do panorama internacional, desembarcou de novo en Verín con cinco das súas obras máis coñecidas, entre as que destacan “Nena con roda”, “Pulp Fiction” ou “Think tank”. As intervencións forman parte da mostra ao aire libre “Verín, territorio Banksy”, que terá un roteiro polas rúas que próximamente será presentado polo Concello.


No muro do punto limpo da Avenida Luis Espada apareceu un dos iconos máis coñecidos do enigmático autor: “Pulp Fiction”. Neste traballo o xenial grafiteiro anónimo Bansky parodia á ferocidade dos personaxes de John Travolta e Samuel L. Jackson na película Pulp Fiction de Tarantino (1994), intercambiando as armas por plátanos, o que convirte a escea en risible.
A obra estivo orixinalmente en Londres, nunha parede da estación de metro de Old Street, aínda que os orixinais e ata as plantillas teñen sido vendidas por importantes cantidades. 

 

Nena con roda” na Rúa Maior
Igualmente, na Rúa Maior apareceu “Nena con roda”, outra icona do grafiteiro descoñecido. Ubicada orixinalmente nunha rúa residencial de Nottingham, fronte a un salón de beleza (coma no caso de Verín) una nena fai hula-hop cun neumático dunha bicicleta abandoada e candada ao seu carón.
En 2020, a obra foi obxecto dunha polémica, porque a bicicleta foi roubada, quedando así incompleta na súa semántica e causando conmoción entre os seus admiradores.

 

Laboratorio de ideas” e “Neno da caixa eléctrica

Pola súa banda, na rúa Amaro Refojo o roteiro de Banksy executou unha serie centrada nos nenos, pero encabezada por outra das súas obras emblemáticas: “Think tank” ou “Laboratorio de ideas”, no que unha parexa desfruta dunha cea romántica, pero embutidos nun traxe de buzo que representa o illamento da sociedade actual.
Nese mesmo conxunto aparecen representados “Boy Electric Switch” ou “Neno da caixa eléctrica”, que está enlazado con “Nena con corda”, nunha intervención na que a obra se sae do marco. Foron realizadas orixinalmente en Brooklyn, New York, en 2007.


Banksy é a día de hoxe, posiblemente, o artista gráfico máis famoso do mundo. En parte pola súa implicación na arte urbana, en parte polas súas actuacións iconoclastas en subastas de arte, o seu exemplo como artista responsable e con alto contido social ten dignificado o grafiti, elevándoo á categoría de arte.


A súa crítica aos valores do capitalismo salvaxe, a súa alta sensibilidade social e o seu aparente desprendemento do valor do diñeiro fixeron o resto. Revestido dun aparente anonimato, moitas das súas, como as propostas para “Verín, territorio Banksy”, forman xa actualmente parte da historia da arte. Para “Verín, territorio Banksy” contarase con obras icónicas do prolífico autor, que teñen ido aparecendo no Reino Unido, Gaza ou París, principalmente no que vai de século. Con finalidade pedagóxica e divulgativa, a selección conformará un percorrido turístico dentro do casco urbano de Verín, con secuencialidade e información pedagóxica.


As obras e os espazos do percorrido están deseñados dentro do proxecto de Interpretación Patrimonial “Verín territorio Banksy” do Concello de Verín, e a execución dos facsímiles das obras do autor internacional corren a cargo do artista local Álex Araújo.
O Concello agarda que se convirta nun reclamo cultural que, debidamente promocionado, conforme un circuito turístico dentro do casco urbano de Verín. “Sería un final espectacular”, sinalan desde o Concello, “que o propio Banksy rematarse por interesarse na vila e deixase unha das súas obras en Verín”.


Pero, quen é realmente Banksy?
Aínda que se descoñece a identidade de Banksy, existen varias conxeturas e candidatos internacionais á súa persoa. Un deles é Jamie Hewlett, dibuxante e autor do comic Tank Girl, aínda que fontes do entorno de Banksy o negan.
Outro candidato é Robert del Naja, líder da banda de trip hop Massive Attak, que foi grafiteiro nos 80.
Neil Buchanan, presentador dun programa de arte, é outro dos candidatos máis recentes, aínda que Robin Gunningham é quizáis a hipótese máis común sobre a identidade de Banksy.

De ser así, tería nacido o 28 de xullo de 1973 en Yate, preto de Bristol. Os seus amigos da infancia e a presencia neste entorno das súas primeiras obras, corroboran esta versión.

image_50429185 (FILEminimizer)
1 / 5
image_67177729 (FILEminimizer) 2
2 / 5

Nena con corda, na rúa Amaro Refojo.

image_67163393 (FILEminimizer) 2
3 / 5

O neno da caixa eléctrica, na rúa Amaro Refojo.

image_67201537 (FILEminimizer) 2
4 / 5

A obra "Laboratorio de ideas".

IMG_20220923_161429 (FILEminimizer)
5 / 5

Obra de Banksy na rúa Luis Espada.

Comentarios
Cinco novas obras de Banksy nas rúas de Verín