viernes. 19.04.2024
Verín

NOTICIAS VERÍN | A comarca loitará ata que non haxa mulleres vítimas da violencia de xénero

O CIM da Mancomunidade de Verín, Femuro, o CDR Portas Abertas e a Cruz Vermella organizaron unha concentración en repulsa da violencia de xénero polo 25N. Esta mañá, na Praza do Concello, numerosos veciños participaron neste acto para loitar pola fin desta lacra social.

 

A concentración comezou cunha pregunta: "Como é posible que aínda sigamos reivindicando dereitos fundamentais como a liberdade, a seguridade, á integridade física e moral e o dereito á vida?". Destacáronse os avances na loita contra a violencia de xénero, pero recordouse que queda moito por facer. "Seguiremos loitando ata que ningunha muller sexa vítima de violencia de xénero", declarouse no manifesto.

 

Posteriormente, sete rapazas estudantes da ESO contaron en primeira persoa a historia dunha moza á que lle cambiou a vida por culpa da súa parella, que exercía sobre ela a violencia. Remataron a súa intervención lendo os nomes dalgunhas das mulleres que foron asasinas polos seus maltratadores e gardouse un minuto de silencio por elas.

 

O acto rematou cunha posta en escea elaborada por Femuro coa participación dos alumnos de 5ºA do CEIP Amaro Refojo, na que romperon os mitos do amor romántico e logo repartiron laranxas, reivindicando que non hai medias laranxas. A concentración contou coa presenza de membros da corporación municipal de Verín, encabezados polo rexedor, Gerardo Seoane; e doutros municipios da comarca, como o alcalde de Vilardevós, Manuel Cardoso.

 

En Riós, tamén se viviu unha xornada reivindicativa cun cartel que loce na Casa do Concello baixo o lema "Riós di stop". Ademais, este xoves, varias veciñas de Castrelo de Cima e Navallo participaron no obradoiro "Xabonciños pola igualdade". Ana María Villarino, alcaldesa de Oímbra, sumouse á xornada amosando unha chapa na que se pode ler "Oímbra en igualdade".

 

Por útlimo, a clínica Dentalnova foi partícipe desta xornada ao iluminar de morado as súas instalacións, cor coa que se identifica a loita contra a violencia de xénero.

221125 25N CONCENTRACION CONTRA VIOLENCIA XENERO_45_Easy-Resize.com
1 / 27

Os cativos do Amaro Refejo non faltaron nesta reivindicativa xornada con carteis. | FOTOS: Carlos Montero.

221125 25N CONCENTRACION CONTRA VIOLENCIA XENERO_43_Easy-Resize.com
2 / 27

Femuro uniuse á concentración.

221125 25N CONCENTRACION CONTRA VIOLENCIA XENERO_32_Easy-Resize.com
3 / 27
221125 25N CONCENTRACION CONTRA VIOLENCIA XENERO_33_Easy-Resize.com
4 / 27

Os alumnos de 5ºA do CEIP Amaro Refojo fixeron unha posta en escea para romper cos mitos do amor romántico.

221125 25N CONCENTRACION CONTRA VIOLENCIA XENERO_34_Easy-Resize.com
5 / 27
221125 25N CONCENTRACION CONTRA VIOLENCIA XENERO_37_Easy-Resize.com
6 / 27
221125 25N CONCENTRACION CONTRA VIOLENCIA XENERO_38_Easy-Resize.com
7 / 27

Os rapaces repartiron laranxas, porque "ti es a laranxa completa".

221125 25N CONCENTRACION CONTRA VIOLENCIA XENERO_31_Easy-Resize.com
8 / 27
9 / 27
221125 25N CONCENTRACION CONTRA VIOLENCIA XENERO_24_Easy-Resize.com
10 / 27
221125 25N CONCENTRACION CONTRA VIOLENCIA XENERO_25_Easy-Resize.com
11 / 27
12 / 27
221125 25N CONCENTRACION CONTRA VIOLENCIA XENERO_20_Easy-Resize.com
13 / 27

Sete rapazas contaron unha historia dunha moza que sufría violencia por parte da súa parella.

221125 25N CONCENTRACION CONTRA VIOLENCIA XENERO_18_Easy-Resize.com
14 / 27
221125 25N CONCENTRACION CONTRA VIOLENCIA XENERO_16_Easy-Resize.com
15 / 27
221125 25N CONCENTRACION CONTRA VIOLENCIA XENERO_2_Easy-Resize.com
16 / 27

Nenos do Amaro Refojo no acto.

221125 25N CONCENTRACION CONTRA VIOLENCIA XENERO_3_Easy-Resize.com
17 / 27
221125 25N CONCENTRACION CONTRA VIOLENCIA XENERO_4_Easy-Resize.com
18 / 27
221125 25N CONCENTRACION CONTRA VIOLENCIA XENERO_5_Easy-Resize.com
19 / 27

O CIM da Mancomunidade de Verín foi un dos organizadores.

221125 25N CONCENTRACION CONTRA VIOLENCIA XENERO_9_Easy-Resize.com
20 / 27

Manuel Lorenzo, Gerardo Seoane, Cándida Couñago, Diego Lourenzo e Purificación Caldelas representaron ao Concello de Verín.

221125 25N CONCENTRACION CONTRA VIOLENCIA XENERO_10_Easy-Resize.com
21 / 27
221125 25N CONCENTRACION CONTRA VIOLENCIA XENERO_13_Easy-Resize.com
22 / 27
221125 25N CONCENTRACION CONTRA VIOLENCIA XENERO_15_Easy-Resize.com
23 / 27
316955104_175136451860627_4708008835078148363_n_Easy-Resize.com
24 / 27

Mulleres de Riós participaron no obradoiro "Xabonciños pola igualdade". | FOTO: Cedida.

317070645_175136405193965_5709095633655587103_n_Easy-Resize.com
25 / 27
316545560_175335018507437_3841891123482977926_n
26 / 27

Cartel reivindicativo no Concello de Riós. | FOTO: Cedida.

Dentalnova iluminou as súas instalacións de morado.
27 / 27

Dentalnova iluminou as súas instalacións de morado.

Comentarios
NOTICIAS VERÍN | A comarca loitará ata que non haxa mulleres vítimas da violencia de...