domingo. 28.04.2024
Verín

NOTICIAS VERÍN | O IES Xesús Taboada Chivite celebra os "Días Erasmus"

O instituto Taboada Chivite súmase a celebración dos “Erasmus Days”, a campaña que pon en alza os beneficios da mobilidade europea mediante a difusión do seu proxecto do programa Erasmus+ no que está inmerso.

O Taboada Chivite recibiu este ano a Acreditación como Centro Erasmus, un recoñecemento que outorga a Unión Europea, a través do programa Erasmus+, aos centros cunha extensa experiencia internacional e grazas ao cal, os centros reciben financiación para participar en actividades de mobilidade, formación e innovación educativa con outros centros da Unión Europea ao longo dos próximos 5 cursos.

 

Para difundir esta iniciativa entre o alumnado, o centro lanzou unha campaña de divulgación para animalos a participar e ter a posibilidade de estudar noutros centros educativos, realizar proxectos innovadores con alumnado da súa idade, favorecendo as súas habilidades comunicativas e o desenvolvemento das súas competencias e de valores como a tolerancia, a diversidade e a cooperación. Este venres, o Taboada Chivite celebrou así a participación do alumnado cun acto que se celebrou no salón de actos do centro e onde se lles explicou ao alumnado en que consistía o programa, as mobilidades que ían realizar e se lles repartiu agasallos enviados polo Servizo Español para Internacionalización da Educación (SEPIE).

Esta e outras iniciativas súmanse ao proceso de internacionalización do centro que tamén é Escola Embaixadora do Parlamento Europeo.

WhatsApp Image 2023-10-13 at 13.19.09 (2)
1 / 11
WhatsApp Image 2023-10-13 at 13.19.09 (1)
2 / 11
WhatsApp Image 2023-10-13 at 13.19.09
3 / 11
WhatsApp Image 2023-10-13 at 13.19.08 (2)
4 / 11
WhatsApp Image 2023-10-13 at 13.19.08 (1)
5 / 11
WhatsApp Image 2023-10-13 at 13.19.08
6 / 11
WhatsApp Image 2023-10-13 at 13.19.07 (2)
7 / 11
WhatsApp Image 2023-10-13 at 13.19.07 (1)
8 / 11
WhatsApp Image 2023-10-13 at 13.19.07
9 / 11
Charla polos días erasmus
10 / 11
WhatsApp Image 2023-10-13 at 13.19.06
11 / 11
NOTICIAS VERÍN | O IES Xesús Taboada Chivite celebra os "Días Erasmus"