viernes. 19.04.2024
Verín

NOTICIAS VERÍN | A D.O. Monterrei volve de Ámsterdam, onde tivo unha boa acollida

A Denominación de Orixe Monterrei participou este mércores no I Galicia Wines and Aguardientes Festival, que se celebrou en Ámsterdam. Este evento de promoción estivo organizado pola Asociación de Consellos Reguladores do Viño de Galicia e das Indicación Xeográficas de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, en colaboración coa Unión Española de Catadores.

 

A presidenta do Consellor Regulador da D.O. Monterrei, Lara Da Silva, trasladouse ata a capital neerlandesa para amosar os viños de case unha vintena das súas adegas. No evento coincidiu coa Consuelo Femenía, embaixadora de España nos Países Baixos; e con Antonio Torres-Dulce, cónsul xeral de España en Ámsterdam. Ademais, tamén recibiu aos numerosos importadores que se desprazaron ata o Van der Valk Hotel no que tivo lugar este salón de viños e augardentes.

314492344_668613421408745_5164584999904245434_n_Easy-Resize.com
1 / 7

A embaixadora de España nos Países Baixos, Consuelo Femenía, brindou coa presidenta do CRDO Monterrei, Lara Da Silva.

Cata de viños de Monterrei celebrada este mércores en Ámsterdam.
2 / 7
314666713_668613538075400_8916831377000821059_n_Easy-Resize.com
3 / 7
314958816_668613561408731_1558682401473070011_n_Easy-Resize.com
4 / 7
315127799_668612938075460_7826446573920335285_n
5 / 7

O cónsul xeral de España en Ámsterdam, Antonio Torres-Dulce, coñeceu os viños de Monterrei da man de Lara Da Silva.

314472605_668613331408754_2404856037338752935_n_Easy-Resize.com
6 / 7
314710645_668613468075407_8830640230986579846_n
7 / 7
Comentarios
NOTICIAS VERÍN | A D.O. Monterrei volve de Ámsterdam, onde tivo unha boa acollida