Co discurso de autoridades, encabezadas pola presidenta da Denominación de Orixe Monterrei, Lara Da Silva, arrancou a XV edición da Feira do Viño, que prevé unha afluencia histórica a xulgar pola resposta do público ao acto inaugural. Nel participaron, ademáis da mencionada Da Silva, o rexedor de Verín, Gerardo Seoane; o director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos e, finalmente, a pregoeira desta edición, a coruñesa Paula Vázquez Rocha, técnica da Oficina Agracia Comarcal de Verín.
Tras os discursos, nos que o lume tivo especial protagonismo, comezou o percorrido polas casetas das 18 adegas participantes. Ademais das autoridades presentes, tamén se deixou ver unha nutrida representación do BNG autonómico, comarcal e local, encabezada pola súa voceira nacional, Ana Pontón, e as deputadas no Parlamento galego Noa Presas e Olalla Rodil.