NOTICIAS VERÍN | Bota a andar a XV edición da Feira do Viño, que se prevé histórica

De frente, o rexedor da Mezquita, Rafael Pérez.
O exalcalde de Riós, Francisco Armando Veiga.
O rexedor de Verín, Gerardo Seoane, chegando ao palco de autoridades.
José Luis Cabarcos, director de Axencia Galega de Calidade Alimentaria.
A alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino Pardo, acudiu en nome da Deputación de Ourense.
Diego Lourenzo, tenente de alcalde do Concello de Verín.
Gabriel Alén (esquerda), delegado da Xunta en Ourense, co subdelegado do Gobierno de España en Ourense, Emilio González Afonso.
Lara Da Silva, presidenta de D. O. de Monterrei, abriu o acto.
Paula Vázquez Rocha, técnica da Oficina Agraria Comarcal de Verín, foi a pregoeira.
Enma González, xerente do Inorde.
Roberto Verino deixouse ver na presentación da XV edición da Feira do Viño de Monterrei.
Luis Cid Congil, xornalista estudioso da historia do viño en Galicia.
A alcaldesa do Riós, Eva Barrio; con Rosario Rodríguez, tenente de alcalde do Concello de Verín, e Julio Viéitez, concelleiro verinense.
Manuel Lorenzo, á esquerda, concelleiro de Feiras do Concello de Verín. Ao seu carón, o tamén concelleiro e doutor José Luis Martín.
A presidenta da D. O. protagonizou un encendido discurso de defensa do sector.
Gerardo Seoane, o alcalde de Verín, falou, pola súa banda, da importancia do ciclo da auga.

Co discurso de autoridades, encabezadas pola presidenta da Denominación de Orixe Monterrei, Lara Da Silva, arrancou a XV edición da Feira do Viño, que prevé unha afluencia histórica a xulgar pola resposta do público ao acto inaugural. Nel participaron, ademáis da mencionada Da Silva, o rexedor de Verín, Gerardo Seoane; o director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos e, finalmente, a pregoeira desta edición, a coruñesa Paula Vázquez Rocha, técnica da Oficina Agracia Comarcal de Verín

Tras os discursos, nos que o lume tivo especial protagonismo, comezou o percorrido polas casetas das 18 adegas participantes. Ademais das autoridades presentes, tamén se deixou ver unha nutrida representación do BNG autonómico, comarcal e local, encabezada pola súa voceira nacional, Ana Pontón, e as deputadas no Parlamento galego Noa Presas e Olalla Rodil