luns 18/10/21
Verín

GALERÍA | Catas e rutas pola comarca para celebrar a Feira do Viño, ata mañá día 15

Continúa a fin de semana da celebración, con permiso da Covid-19, da Feira do Viño da D. O. Monterrei. Nesta xornada, con catas no antigo Hospital de Peregrinos situado nun enclave privilexiado: o Castelo de Monterrei

Simultáneamente grupos reducidos de visitantes, percorrían unha viaxe guiada pola historia e pola tradición vitivinícola que rematou cunha degustación na Finca Experimental do Inorde de varios viños tanto brancos coma tintos. Trátase da primeira colaboración do Inorde coa Denominación de Orixe. 

Esta tarde, ás 18:00h continúan as catas na mesma localización en grupos reducidos e con estritas medidas de seguridade. As actividades para festexar a Feira do Viño de maneira presencial van continuar ata mañá domingo 15 de agosto. De maneira en liña, non esquezan participar nas redes sociais etiquetando á D. O. Monterrei e utilizando o cancelo #BrindoconDOMonterrei para gañar uns estupendos lotes de produtos vitivinícolas.

comentarios
GALERÍA | Catas e rutas pola comarca para celebrar a Feira do Viño, ata mañá día 15