luns 17/01/22
Verín

GALERÍA | O último mercado de xullo decepciona aos feirantes

A pesar do tránsito elevado polas rúas da vila, a afluencia a esta última feira do mes de xullo en Verín non se viu incrementada con respecto ás anteriores. Os comerciantes afirmaban que "non é nin a sombra do que foi isto nun verán calquera, estabamos acostumados a incrementar as vendas moi significativamente" aínda que se mostran comprensivos ante a preocupante subida de casos de coronavirus na comarca. "Eu saio á rúa porque teño que traballar pero para pasear igual tampouco saía", lamentan.

comentarios
GALERÍA | O último mercado de xullo decepciona aos feirantes