É tempo de castañas e, como non, de magostos. Se hai quen sabe moito diso -seguro que nos seus tempos máis mozos fartáronse de facelos, e de collelas- son os usuarios do centro de día "Solleira" de Verín, que esta tarde, cara o mediodía, saíron á rúa para organizar o seu magosto particular.
Sobraron castañas e ganas de revivir momentos, e desfrutaron dunha tarde distinta cun sol de xustiza que facía que algúns dos designados para mexer o lume tiveran que sacar algo da roupa que levaban.
Nieves, Merche, María, Nerea, Tere, Tania e Modesto, coa directora do centro de día ao fronte, Chelo Ferreiro, foron as encargadas de que todo funcionase. Contaron coa colaboración de Luis, Blas, Parrilla e José, catro dos usuarios da institución que, entre risas, aseguraban "non lle ver moito xeito a estes, aínda son novos e non teñen feito moitos magostos".
O protocolo enxebre recomenda berza para manter a temperatura da castaña unha vez sae do tixolo, e así se fixo ata que Merche e Tere pelaban ducias de unidades para os maiores menos hábiles.
Houbo incluso quen lle cantou algo, como Parrilla, que -moi propio para o día e o evento- entonou aquelo de "Non chas quero, non chas quero...".

FOTOS: M. D.

Merche e Tere, facendo o que ninguén quere facer.









Blas, cun dos primeiros tixolos que se baleiraba.







José, carrexando máis leña.

FOTOS: Xosé Lois Colmenero.








A supervisora do centro, Nieves Justo, con Parrilla.



Estaba unha tarde solleira no centro de día de Verín.


Luis, outro dos "fogueteiros".


E desta era a quenda de Blas.

Decoración no interior do centro de día.

Castañas que se salvaron do tixolo.





Así lle quedou a man a Tere de tanto pelar castañas.




Blas, con pericia.


José, un dos máis activos, probando o resultado.

Tere e Merche.

Nerea, Tania e Nieves.

Non só había castañas...


Blas non estaba moi convencido do lume.



