GALERÍA | Tarde solleira de magosto no centro de día de Verín

FOTOS: M. D.
Merche e Tere, facendo o que ninguén quere facer.
Blas, cun dos primeiros tixolos que se baleiraba.
José, carrexando máis leña.
FOTOS: Xosé Lois Colmenero.
A supervisora do centro, Nieves Justo, con Parrilla.
Estaba unha tarde solleira no centro de día de Verín.
Luis, outro dos "fogueteiros".
E desta era a quenda de Blas.
Decoración no interior do centro de día.
Castañas que se salvaron do tixolo.
Así lle quedou a man a Tere de tanto pelar castañas.
Blas, con pericia.
José, un dos máis activos, probando o resultado.
Tere e Merche.
Nerea, Tania e Nieves.
Non só había castañas...
Blas non estaba moi convencido do lume.

É tempo de castañas e, como non, de magostos. Se hai quen sabe moito diso -seguro que nos seus tempos máis mozos fartáronse de facelos, e de collelas- son os usuarios do centro de día "Solleira" de Verín, que esta tarde, cara o mediodía, saíron á rúa para organizar o seu magosto particular

Sobraron castañas e ganas de revivir momentos, e desfrutaron dunha tarde distinta cun sol de xustiza que facía que algúns dos designados para mexer o lume tiveran que sacar algo da roupa que levaban

Nieves, Merche, María, Nerea, Tere, Tania e Modesto, coa directora do centro de día ao fronte, Chelo Ferreiro, foron as encargadas de que todo funcionase. Contaron coa colaboración de Luis, Blas, Parrilla e José, catro dos usuarios da institución que, entre risas, aseguraban "non lle ver moito xeito a estes, aínda son novos e non teñen feito moitos magostos". 

O protocolo enxebre recomenda berza para manter a temperatura da castaña unha vez sae do tixolo, e así se fixo ata que Merche e Tere pelaban ducias de unidades para os maiores menos hábiles

Houbo incluso quen lle cantou algo, como Parrilla, que -moi propio para o día e o evento- entonou aquelo de "Non chas quero, non chas quero...".