Centos de verinenses, e tamén moitos chegados dende a periferia e mesmo doutras provincias, non quixeron desaproveitar a ocasión que lles brindou o Concello de Verín de degustar un produto que este ano é ben escaso: a castaña.
A praza García Barbón converteuse nunha grande festa popular na que non faltou, por suposto, a música tradicional. Por momentos, a cola de asistentes obrigaba a agardar varios minutos para recoller o botín, aínda que viñan ben empregados para así poder facerse coas castañas a unha temperatura axeitada. Os que máis o desfrutaron foros os cativos, moi sorprendidos co artiluxio que manexaba o polifacético Manuel Silva. Pero tamén se deixaron ver moitos xóvenes e maiores, desexosos de comezar un retorno a máis absoluta normalidade.