Medio cento de persoas participaron esta mañana na andaina solidaria a favor da Cruz Vermella, organizada pola institución sen ánimo de lucro en directa colaboración co Concello de Verín. A iniciativa xurde co obxectivo de axudar á entidade social a recadar fondos para levar a cabo os diferentes programas de axuda social que desenvolve.
Na andaina percorréronse 10 kilómetros polo val do Támega, saíndo da Praza da Merced e pasando polo Balneario de Cabreiroá ata chegar a Queizás para continuar pola Ecovía do Támega. Un camiño chao e sinxelo co obxectivo de que as persoas participantes gocen dunha andaina en comunidade.
Na iniciativa colaboraron a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín, a Asociación Ruta das Augas e as empresas Multisport, Hortoverín e Cabreiroá.
1
/
28
FOTOS: Anabel García Simón, quen tamén madrugou para estar ás 10:00 horas na Praza da Mercé.
2
/
28
3
/
28
4
/
28
5
/
28
6
/
28
A concelleira do BNG, Purificación Caldelas, á dereita da imaxe.
7
/
28
8
/
28
9
/
28
10
/
28
11
/
28
12
/
28
13
/
28
14
/
28
15
/
28
16
/
28
O roteiro contou coa colaboración dos voluntarios de Agrupación de Protección Civil de Verín.
17
/
28
18
/
28
19
/
28
20
/
28
21
/
28
22
/
28
23
/
28
24
/
28
25
/
28
26
/
28
27
/
28
28
/
28