FOTOGALERÍA | Uns 10 kilómetros cheos de solidariedade coa Cruz Vermella

FOTOS: Anabel García Simón, quen tamén madrugou para estar ás 10:00 horas na Praza da Mercé.
A concelleira do BNG, Purificación Caldelas, á dereita da imaxe.
O roteiro contou coa colaboración dos voluntarios de Agrupación de Protección Civil de Verín.
Medio cento de persoas participaron esta mañana na andaina solidaria a favor da Cruz Vermella, organizada pola institución sen ánimo de lucro en directa colaboración co Concello de Verín. A iniciativa xurde co obxectivo de axudar á entidade social a recadar fondos para levar a cabo os diferentes programas de axuda social que desenvolve.
 

Na andaina percorréronse 10 kilómetros polo val do Támega, saíndo da Praza da Merced e pasando polo Balneario de Cabreiroá ata chegar a Queizás para continuar pola Ecovía do Támega. Un camiño chao e sinxelo co obxectivo de que as persoas participantes gocen dunha andaina en comunidade.

Na iniciativa colaboraron a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín, a Asociación Ruta das Augas e as empresas Multisport, Hortoverín e Cabreiroá.