Venres. 29.03.2024
Verín

NOTICIAS VERÍN | Gerardo Seoane presenta un ambicioso programa co que busca "seguir afondando na transformación de Verín"

O PSdeG-PSOE de Verín vén de presentar ós veciños e veciñas do municipio o seu programa electoral, no que apostan por mellorar a calidade de vida da veciñanza, as infraestruturas e os servizos municipais. Os e as socialistas aproveitaron, tamén, para facer balance dos logros conseguidos nos últimos anos de goberno; así como analizar a situación das arcas municipais dende a chegada do PSOE á alcaldía, comparándoa cos datos que deixaron os gobernos municipais do Partido Popular.

No acto afirmaron que, dende a chegada ao goberno no 2015, “o balance económico aumentou dos 33 millóns de euros aos 61 do ano 2022”. En relación aos investimentos, os e as socialistas subliñaron que, nestes últimos 8 anos, “realizáronse importantes inversións, cun montante aproximado de 20 millóns de euros”. Tamén explicaron que “o aumento de impostos á veciñanza foi dun 0%, namentres que durante os gobernos do Partido Popular aumentaron nun 45%, repercutindo directamente nos petos dos veciños e veciñas”.

Os e as socialistas tamén puxeron o foco nas transferencias recibidas doutras administracións e afirmaron que “namentres o Goberno central aportou 2.5 millóns de euros, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Ourense transferiron cero euros ao concello de Verín”. Neste senso, criticaron a política do Partido Popular que “destina cartos a esgalla aos concellos da súa cor política, namentres castiga a concellos como o de Verín; algo que repercute directamente na veciñanza, que é tratada polo PP como cidadáns de terceira categoría”.

O candidato á alcaldía de Verín e actual alcalde, Gerardo Seoane Fidalgo, aproveitou a súa intervención para destacar os futuros proxectos en materia de infraestruturas que os e as socialistas teñen preparados para o municipio a partir do 28 de maio. “Impulsaremos a segunda fase da circunvalación norte coa mellora da comunicación entre a estrada de Laza e a estrada de Castilla; tamén levaremos a cabo a segunda fase da circunvalación sur, actuando no tramo entre a nacional 532 e o balneario de Cabreiroá”, afirmou o actual rexedor, antes de apuntar que “tamén imos a seguir avanzando na mellora e transformación da rúa Luís Espada e na avenida de Portugal; ademais de non esquecer aos barrios, onde abordaremos obras de mellora na Noria, Tuelas, urbanización Cabio, San Antón – San Rosendo, Rosalía de Castro, Marbana, estrada a Vences, rúa Alameda, rúas Espido e Fontenova ou na travesía de Sousas”

Seoane Fidalgo afirmou: “A revolución que viviu Verín nos últimos oito anos é o noso mellor aval”, subliñando: “O noso programa electoral está escrito nas rúas e proclamado nos parques e zonas termais, na rede de aparcadoiros libres e na potenciación da cultura e da imaxe dunha vila tolerante”. O actual rexedor manifestou que para lograr todo isto “precisamos do voso voto, que renovedes a confianza no meu equipo e que xuntos sigamos dando exemplo, con coraxe e autoestima, desta vila culta e poderosa, alma e corazón do val de Monterrei”.

O candidato socialista á alcaldía de Verín subliñou que nos próximos catro anos: “Seguiremos apostando pola posta en valor do casco antigo, pola mellora e construción de novas zonas verdes, parques infantís e xardíns, polo impulso nos parques industriais de Queizás e da estrada de Oímbra, por poñer o río Támega no centro do mapa cunha aposta clara e decidida polo medio ambiente, por favorecer o aforro e a eficiencia enerxética, pola mellora dos servizos municipais, por un coidado máis eficiente dos nosos maiores, por promover á cultura, ás feiras e festas, o turismo e o deporte, pola mellora das dotacións infantís e por ofrecerlles actividades de ocio san á mocidade”.

presentacion gerardo seoane 2023-39
1 / 38

Os asistentes esperaban ás portas da Casa da Cultura a que comezase a presentación. | FOTOS: Anabel G. Simón.

presentacion gerardo seoane 2023-38
2 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-40
3 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-37
4 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-36
5 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-34
6 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-35
7 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-32
8 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-33
9 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-30
10 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-31
11 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-29
12 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-28
13 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-27
14 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-26
15 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-25
16 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-24
17 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-17
18 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-23
19 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-16
20 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-22
21 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-14
22 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-21
23 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-20
24 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-15
25 / 38
Gerardo Seoane. | FOTO: Anabel G. Simón.
26 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-13
27 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-12
28 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-11
29 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-10
30 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-09
31 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-08
32 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-07
33 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-06
34 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-04
35 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-03
36 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-02
37 / 38
presentacion gerardo seoane 2023-01
38 / 38
Comentarios
NOTICIAS VERÍN | Gerardo Seoane presenta un ambicioso programa co que busca "seguir...