sábado. 27.04.2024
Verín

FOTOGALERÍA | Alumnos do Colexio Mercedario visitan a Biblioteca Municipal de Verín

O Colexio Apostólico Mercedario visitou a Biblioteca Municipal de Verín cos seus alumnos de 1º da ESO, onde aprenderon novas cousas. Esta actividade forma parte das visitas que organizou este espazo cultural para os centros de ensino con motivo do Día das Bibliotecas, que se celebrou o pasado luns. Nela, os rapaces tiveron a ocasión de coñecer datos interesantes da biografía do investigador verinés Xesús Taboada Chivite

 

Nesta visita tamén se achegaron a novas palabras e valores como o respecto, a tranquilidade xunto co silencio ou a conservación da cultura e o seu desenvolvemento. Ademais, os responsables deste espazo cultural transmitíronlles o gusto pola lectura e invitáronos a recorrer á Biblioteca Municipal de Verín cando precisen un lugar para estudar, ler e investigar.

 

Esta excursión completouse coa mostra de exemplares dalgúns xornais inéditos de fai moitas décadas, de principios do século pasado, como o Heraldo de Verín ou o Nuevo Támega.

313330527_507795501362389_4769639338230554192_n_Easy-Resize.com
1 / 9
313359513_507795921362347_3430528412843115578_n_Easy-Resize.com
2 / 9
313257478_507796011362338_2390548942771461095_n_Easy-Resize.com
3 / 9
313352025_507796024695670_4021134707513647548_n_Easy-Resize.com
4 / 9
313351720_507796061362333_3480396499400834964_n_Easy-Resize.com
5 / 9
313049416_507796094695663_526987990930104990_n_Easy-Resize.com
6 / 9
312602547_507796144695658_1535772804679974843_n_Easy-Resize.com
7 / 9
Estudantes do Colexio Mercedario na súa visita á Biblioteca Municipal  de Verín.
8 / 9
9 / 9
Comentarios
FOTOGALERÍA | Alumnos do Colexio Mercedario visitan a Biblioteca Municipal de Verín