miércoles. 24.04.2024
Verín

FOTOGALERÍA | A exposición de Roberto Verino recibe unha visita especial no seu último día

Os nenos da ludoteca de Verín visitaron esta mañá mostra de Roberto Verino, que se atopa na sala de exposicións do Concello, no seu último día aberta ó público. A veciñanza ten a derradeira oportunidade para ver esta mostra de fotografías que percorre os 40 anos de estilo de Roberto Verino.

 

O peche, que estaba previsto para o finais deste mes, adiántase para trasladarse á cidade da Coruña. Alí exporase do 1 ao 25 de setembro na Fundación Luis Seoane e posteriormente recorrerá outros puntos de España no que queda de 2022 e no 2023. Sevilla, Oviedo, Santander, Madrid, Zaragoza, Burgos, Barcelona, Santiago de Compostela e Bilbao serán outras das paradas da mostra.

 

Para os que aínda non acudiron, trátase de 40 fotografías representativas destas catro décadas de moda, na que se pode ver a súa evolución e na que o fío conductor é un estilo propio e inconfundible que se percibe nas instantáneas.“Se nos percatamos no que nos aporta esta selección de fotos, podemos ver unha linguaxe propia que vai no noso ADN. Un código de elegancia, sen estridencias, con selo para todos aqueles que desexan estar ben consigo mesmos”, aporta o deseñador verinés.

ludoteca verino
1 / 10
ludoteca verino
2 / 10
ludoteca verino
3 / 10
ludoteca verino
4 / 10
ludoteca verino
5 / 10
ludoteca verino
6 / 10
ludoteca verino
7 / 10
ludoteca verinoResize.com
8 / 10
Os nenos da ludoteca de Verín visitaron esta mañá a exposición de Roberto Verino.
9 / 10
Ludoteca
10 / 10
Comentarios
FOTOGALERÍA | A exposición de Roberto Verino recibe unha visita especial no seu último día