Martes. 04.10.2022
Verín

FOTOGALERÍA | Os nenos da ludoteca de Verín comparten xornada cos peludos de Pro Animales

Os cativos da ludoteca de verán do Concello de Verín recibiron unha visita moi especial nesta mañá. Pro Animales Verín estivo con eles para amosarlles algúns dos cadelos e gatiños que teñen en acollida e explicarlles como traballan na protectora. Este encontro tiña como obxectivo a sensibilización dos máis pequenos sobre cuestións de importancia como son o maltrato ou o abandono animal.

 

Os máis pequenos estiveron toda a mañá moi atentos a todas as explicacións dos membros de Pro Animales, pero tamén participaron activamente con preguntas sobre todo aquilo que lles chamaba a atención. No encontro ensináronlles como debían tratar ós animais para asustalos e estando moi atentos ós sinais que eles poden transmitir, por exemplo, co movemento do rabo. Tamén falaron de como deben actuar ante un caso sospeitoso de maltrato ou abandono.

 

Os membros da protectora presentaron a todos os animais que levaron a este encontro, explicándolles as situacións nas que se atoparon. A maioría dos animais que acaban en Pro Animales son vítimas do abandono e a través das súas historias fixéronlle ver ós pequenos que as mascotas son unha gran responsabilidade.

 

Despois de falar un pouco sobre diversos temas, os cativos colocáronse en círculo para poder acariñar a cada un dos animais. Os cachorros e os gatiños foron os que máis captaron a atención de todos eles. Nesta actividade tiveron a ocasión de coñecer que unha mascota acaba sendo un membro máis da familia ó que teñen que querer e coidar.

 

A concelleira de Medio Ambiente, Purificación Caldelas, considerou esta actividade "moi lúdica e tamén cunha importante carga didáctica, estou moi satisfeita porque é fundamental inculcar o coidado e o respecto polos animais xa desde idades temperás". Ademais, quixo agredecer a Pro Animales todo o traballo que fan e a súa presenza na actividade.

 

Na ludoteca continuarán mañá cos encontros interxeracionais que comezaron a semana pasada. Nesta ocasión serán os nenos de 4 e 5 anos os que xoguen cos maiores do centro de día Solleira, o venres farano os de 3.

proanimales ludoteca (9) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
1 / 46

FOTOS: Noelia Caseiro.

proanimales ludoteca (7) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
2 / 46
proanimales ludoteca (11) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
3 / 46
proanimales ludoteca (23) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
4 / 46
proanimales ludoteca (24) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
5 / 46
proanimales ludoteca (44) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
6 / 46
proanimales ludoteca (30) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
7 / 46
proanimales ludoteca (58) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
8 / 46
proanimales ludoteca (73) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
9 / 46
proanimales ludoteca (82) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
10 / 46
proanimales ludoteca (97) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
11 / 46
proanimales ludoteca (100) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
12 / 46
proanimales ludoteca (104) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
13 / 46
proanimales ludoteca (76) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
14 / 46
proanimales ludoteca (118) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
15 / 46
proanimales ludoteca (131) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
16 / 46
proanimales ludoteca (91) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
17 / 46
proanimales ludoteca (2) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
18 / 46
proanimales ludoteca (5) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
19 / 46
proanimales ludoteca (6) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
20 / 46
proanimales ludoteca (13) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
21 / 46
proanimales ludoteca (43) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
22 / 46
proanimales ludoteca (50) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
23 / 46
proanimales ludoteca (72) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
24 / 46
proanimales ludoteca (68) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
25 / 46
proanimales ludoteca (66) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
26 / 46
proanimales ludoteca (86) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
27 / 46
proanimales ludoteca (87) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
28 / 46
proanimales ludoteca (37) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
29 / 46
proanimales ludoteca (74) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
30 / 46
proanimales ludoteca (52) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
31 / 46
proanimales ludoteca (29) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
32 / 46
proanimales ludoteca (20) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
33 / 46
proanimales ludoteca (121) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
34 / 46
proanimales ludoteca (133) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
35 / 46
proanimales ludoteca (19) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
36 / 46
proanimales ludoteca (14) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
37 / 46
proanimales ludoteca (41) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
38 / 46
proanimales ludoteca (54) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
39 / 46
proanimales ludoteca (75) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
40 / 46
proanimales ludoteca (94) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
41 / 46
proanimales ludoteca (125) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
42 / 46
proanimales ludoteca (112) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
43 / 46
proanimales ludoteca (116) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
44 / 46
Os nenos tiveron a oportunidade de acariñar ós canciños acollidos por Pro Animales Verín. | FOTO: Noelia Caseiro.
45 / 46
proanimales ludoteca (117) (FILEminimizer)_Easy-Resize.com
46 / 46
comentarios
FOTOGALERÍA | Os nenos da ludoteca de Verín comparten xornada cos peludos de Pro Animales