A iniciativa "Móllate polo comercio" impulsada pola Asociación de Empresarios e Empresarias de Verín (Aever), en colaboración co Concello, foi todo un éxito para os establecementos da vila ao animarse as vendas neste verán. A participación da rapazada no evento reflexouno, con colas que se repartían polos tres tobogáns que se instalaron para diferentes idades.
Pais, nais e nenos desfrutaron das rúas, da auga e divertíronse todo o posible. A única nota negativa foi que o tobogán acuático de 14 metros de altura veuse abaixo polo fallo dun motor de aire, que se saldou sen feridos e rompeu co ben que o estaban a pasar todos os rapaces que se montaron nel ao non funcionar de novo. No resto de actividades, a festa acuática e a holi de cores, tamén houbo unha boa participación.
FOTOS: Noelia Caseiro.