Os nenos da ludocteca do Concello de Verín pasaron unha mañá diferente acompañados dos maiores usuarios do centro de día Solleira. Neste encontro interxeracional, os pequenos e os que non o eran tanto, xogaron sen parar e coñeceron as experiencias vitais dos maiores.
Esta actividade forma parte das xornadas interxeracionais polas que pasarán todos os nenos da ludoteca. Os primeiros foron os maiores de 6 anos, o vindeiro mércores farano os de entre 4 e 5 anos e, por último, o 12 será turno dos pequenos de 3 anos.
O obxectivo das xornadas coa terceira idade é favorecer e visibilizar a importancia das relacións solidarias entre as distintas xeracións, promovendo actividades como esta nas que se facilite a convivencia e o contacto entre os maiores e os máis novos.
Entre as actividades da ludoteca tamén está previsto que o día 9 os cativos visiten a protectora ProAnimales Verín para concienciar ós nenos sobre temas como o maltrato e o abandono animal. Alí, amosaranlles todo o que supón o coidado dun can, gato ou outro tipo de mascota.
FOTOS: Noelia Caseiro.