Os veciños do barrio do Támega de Verín, os que seguen vivindo nel e os que non, celebraron unha cea de confraternización entre todos eles. O obxectivo era verse de novo, traendo de novo a aqueles que xa marcharon porque venderon a súa vivenda alí e algúns viñeron ata Verín desde Palencia.
Na comida non faltou nada e recordáronse os inicios deste barrio en 1979, cando se empezou a encher de veciños. No menú houbo empanada, cabrito, lacón, tortilla, pizzas para os nenos, viño... Unha gran variedade que rematou cunha queimada e moitos bailes. O éxito foi tal que agardan que se repeta o próximo ano e en 2024 desexan festexar por todo o alto os 45 anos do barrio.
1
/
14
2
/
14
3
/
14
4
/
14
5
/
14
6
/
14
7
/
14
8
/
14
9
/
14
10
/
14
11
/
14
12
/
14
13
/
14
14
/
14
