sábado. 20.04.2024
Verín

FOTOGALERÍA | Uns 200 cativos despediron, a ritmo de rock, a ludoteca de verán máis populosa

Este mércores rematou o servizo da Ludoteca de verán e o Campamento Urbano que organiza a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín. Trátase de dous proxectos destinados a conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo de lecer dos menores con idades comprendidas entre os 3 e 13 e 10 e 14 anos, respectivamente. Este ano comezou o día 27 de xuño e contou con máis de 230 menores inscritos, sendo unha das máis multitudinarias dos últimos anos.

Na gran foto familiar que pon fin sempre aos máis de dous meses de actividades, ademais do equipo de monitores deste servizo municipal, participaron tamén a concelleira de Cultura do Concello de Verín, Emilia Somoza, e a segunda tenente de alcalde, Rosario Rodríguez Delgado

 

As actividades que se desenrolaron foron, entre outras: animación á lectura e contacontos (contos clásicos e cómics para poñer en valor a lectura e os libros), piscina, cine infantil, obradoiros medioambientais, de refugallo (para concienciar da importancia da reciclaxe, realizando actividades coa axuda de materiais cotiás), día da fotografía, día do emoticono, día internacional da amizade, día de Galicia, xogos de auga, día da música, día da Igualdade, día da froita, mini olimpíadas campistas...

 

Por outra banda, este ano recuperáronse festas que pola pandemia non puideron celebrarse, como o San Fermín, Festa do Sombreiro, Festa Hippie, Festa Eivisenca, Festa Pirata, Festa Flamenca; visita ao Parque de Bombeiros, festa da escuma, actividades coa Cruz Vermella, visita ás instalacións da Policía Local, o día do Avó e da avoa, e o desfile da Ludobatucada, no que eles mesmos realizaron os seus disfraces.

 

Tamén houbo novas e divertidas actividades: bailes tictoc, Ludofashion Day, xogo das chapas, zumba kids, obradoiro de máscaras, festival de cinema infantil, etc.

WhatsApp Image 2022-09-07 at 19.56.46 (2)
1 / 14
WhatsApp Image 2022-09-07 at 19.56.46 (1)
2 / 14
WhatsApp Image 2022-09-07 at 19.56.46
3 / 14
WhatsApp Image 2022-09-07 at 19.56.45 (3)
4 / 14
WhatsApp Image 2022-09-07 at 19.56.45 (2)
5 / 14
WhatsApp Image 2022-09-07 at 19.56.45 (1)
6 / 14
WhatsApp Image 2022-09-07 at 19.56.45
7 / 14
WhatsApp Image 2022-09-07 at 19.56.44 (3)
8 / 14
WhatsApp Image 2022-09-07 at 19.56.44 (2)
9 / 14
WhatsApp Image 2022-09-07 at 19.56.44 (1)
10 / 14
Moitas foron as cativas que se personaron esta mañá coa súa guitarra eléctrica ao peito. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
11 / 14
WhatsApp Image 2022-09-07 at 19.56.43 (2)
12 / 14
WhatsApp Image 2022-09-07 at 19.56.43 (1)
13 / 14
WhatsApp Image 2022-09-07 at 19.56.43
14 / 14
Comentarios
FOTOGALERÍA | Uns 200 cativos despediron, a ritmo de rock, a ludoteca de verán máis...