sábado. 20.04.2024
Verín

FOTOGALERÍA | Cultura, música, nostalxia e auga no primeiro encontro Val do Viño de Vilamaior

O primeiro encontro Val do Viño de Vilamaior, co claro obxectivo de promocionar un dos froitos máis prezados das terras de Monterrei, tivo dous escenarios perfectamente delimitados e identificados. Un deles, o santuario dos Remedios, onde se "oficiou" un culto ao viño con moita música, palabra e ata unha dramatización teatral que lembrou aos asistentes aspectos identitarios das romarías de entonces no mesmo lugar. O segundo, moito máis lúdico, culinario e pantagruélico: o asado ao espeto polo método "Burduntzi" dunha tenreira de 218 kilos en canal que o mestre Karlos Ibarrondo cociñou a fogo lento con carbón vexetal dende as dúas da madrugada e ata as dúas da tarde deste domingo. 

No primeiro deles foi a música unha das grandes protagonistas do bautizado "Trébede do viño", unha sorte de alegoría ao froito da vide, ao pensamento e á arte de combinar os sons co ritmo, protagonizado por "Mirito" Mateo, aos textos -e tamén ao instrumento-, e Miguel Ángel Guerra, ao acordeón. 

Tres integrantes da formación Fuego Street Band intercalaron algúns temas do seu repertorio mentres "Toni" Salgado, un actor de Vilamaior, exercía de mestre de cerimonia. 

Precisamente, nese oficio pagán houbo tempo tamén para os discursos oficiais, iniciados por un dos promotores desta iniciativa, Xosé Ramón González, presidente da Xunta de Montes de Vilamaior, e continuados por Diego Lourenzo, tenente de alcalde do Concello de Verín, e Lara Da Silva, presidenta da Denominación de Orixe Monterrei, ambos organismos colaboradores deste evento de marcado carácter promocional do viño do val pero tamén do elaborado nos montes de Vilamaior. 

A sociedade cooperativa Xeitura foi a encargada de lembralles aos asistentes algúns dos aspectos máis característicos da romaría que agora se tenta recuperar, dramatización previa á entrega das olas, unha a título póstumo ao "Crego" Ernesto Atanes, fundador da adega "Crego e Monaguillo" e un dos verdadeiros impulsores da industria do viño na comarca e da súa internacionalización. As outras dúas recaeron nas figuras de Gerardo Seoane, alcalde do Concello de Verín, e de Lara Da Silva, presidenta da D. O. Monterrei, en recoñecemento ao seu traballo, en cadanseu eido de responsabilidades, na potenciación e promoción do sector. 

Fóra do santuario non deixou de chover en toda a mañá ata que chegou a hora de dar conta da tenreira.

1 / 56

FOTOS: Iván Iglesias.

2 / 56

3 / 56

4 / 56

5 / 56

Gerardo Seoane, alcalde de Verín, e "Lola" Fernández, unha das persoas que colaborou na documentación da recreación teatral.

6 / 56

Ernesto "Tito" Rodríguez, de Crego e Monaguillo, e Xosé Ramón González, o presidente da Xunta de Montes de Vilamaior. Esa ola foi outorgada a título póstumo a Ernesto Atanes, o "Crego" socio fundador da adega á que lle deu nome.

7 / 56

Xosé Ramón González obsequia a Gerardo Seoane cunha ola, recoñecendo o esforzo do Concello de Verín na promoción do viño co Museo do mesmo nome.

8 / 56

9 / 56

A presidenta da Denominación de Orixe Monterrei, Lara Da Silva tamén recibiu a súa, en recoñecemento aos fitos alcanzados pola súa institución dende que a preside.

10 / 56

11 / 56

Santi Colmenero, integrante de Fuego Street Band.

12 / 56

13 / 56

14 / 56

15 / 56

16 / 56

Compoñentes de Xeitura, na recreación que protagonizaron dentro da igrexa.

17 / 56

18 / 56

19 / 56

20 / 56

21 / 56

22 / 56

23 / 56

24 / 56

25 / 56

26 / 56

27 / 56

28 / 56

29 / 56

30 / 56

31 / 56

32 / 56

O actor "Toni" Salgado foi o presentador do acto.

33 / 56

O mestre de cerimonias leu un texto escrito por Xosé Carlos Caneiro, no que reflectía a simbiose entre o santuario dos Remedios e o Castelo de Monterrei.

34 / 56

35 / 56

"Mirito" Mateo, a dúo co acordeón con Miguel Ángel Guerra.

36 / 56

37 / 56

38 / 56

39 / 56

40 / 56

"Mirito" presentou o seu "Trébede" do viño, unha alegoría á música, o froito da vide e o pensamento.

41 / 56

42 / 56

43 / 56

44 / 56

45 / 56

46 / 56

47 / 56

Diego Lourenzo, tenente de alcalde de Verín, dando os parabéns á organización.

48 / 56

49 / 56

Lara Da Silva, presidenta da D. O. Monterrei, entidade colaboradora do evento.

50 / 56

Xosé Ramón González, presidente da Xunta de Montes de Vilamaior, abrindo o acto.

51 / 56

52 / 56

53 / 56

54 / 56

55 / 56

Eva Barrio, alcaldesa de Riós.

56 / 56

Vicente Gómez, alcalde de Castrelo do Val, con Eva Barrio e Xosé Ramón González.

Comentarios
FOTOGALERÍA | Cultura, música, nostalxia e auga no primeiro encontro Val do Viño de...