Preto de medio cento de rapaces que participan na ludoteca e no campamento urbano do Concello de Verín, visitaron o Naturwaterpark de Vila Real, en Portugal. A rapazada desfrutou da gran variedade de piscinas e tobogáns nun espazo rodeado de natureza que lles permitiu vivir un día diferente nestas vacacións de verán.