FOTOGALERÍA | Uns maios en pleno verán

A xente acudía esta mañá ao Parque da Alameda para ver a exhibición dos maios. | FOTOS: Anabel G. Simón.
A Banda de Gaitas Nova Era xunto ó seu Maio.
É a primeira vez que participan neste certame.
Maio de Solleira, o Centro de Día.
Maio do Colexio María Inmaculada.
Maio da Asociación de Mulleres Rurais Flor da Xesta.
Un dos Maios máis reivindicativos deste ano, alusivo ao sistema político estatal.
Maio da Asociación Verinense Amigos da Música.
Maio do IES Xesús Taboada Chivite.
Maio do CEIP Amaro Refojo.
Maio de CRA Monterrei.
Maio do CEIP Princesa de España.
Maio do CEIP Princesa de España.
Maio da ANPA do Conservatorio de Música de Verín, presentando a que será a II edición do seu exitoso festival de percusión VibraVerín.
A Banda Profesional de Música do Conservatorio de Verín amenizaba a mañá cun concerto na Alameda.
Ninguén quería perderse o concerto.
Cara ó mediodía non podían faltar unhas tapiñas de pulpo.
Santos Álvarez e José Ángel Rodicio, de Aever.
Inchables para os máis cativos da man da asociación de empresarios e empresarias de Verín.
A Banda de Gaitas de Verín tamén deu un pequeno recital, logo do pasarrúas polo medio da vila.
Gerardo Seoane, alcalde de Verín, visitaba os Maios coa súa familia.
Diego Lourenzo non quixo perderse o mercadillo solidario.

Concurridísima celebración deste primeiro de Maio na vila de Verín, e non polas manifestacións do día do traballador, senón pola festividade dos Maios, que congregou a centos de persoas a carón da Praza da Alameda e da Praza García Barbón.

A feira solidaria e a exposición das diferentes elaboracións das asociacións e colectivos participantes propiciaron un ir e vir de persoas nas horas centrais desta mañá. Pero, sen dúbida, foi a Banda do Conservatorio Profesional de Música de Verín a que máis público concitou xa que, como vén sendo habitual, ofreceu un concerto dunha hora que fixo as delicias de todos os presentes. 

Antes foi unha pequena representación da Banda Nova Era a que, a carón do "maio" por eles elaborado, tocou algunhas pezas populares. Máis tarde faría acto de presencia a Banda de Gaitas Municipal, logo do seu tamén habitual pasarrúas polo centro da vila cada primeiro de Maio. 

Non faltaron, como non, as Coplas dos Maios 2023, na memoria do polifacético Enrique Gómez Pato. Ninguén se foi sen elas e sen aportar os dous euros que irán ás contas solidarias da Asociación Española Contra o Cancro de Ourense