miércoles. 24.04.2024
Verín

FOTOGALERÍA | Os maiores de Verín reciben postais navideñas do alumnado da bisbarra

Nestas datas cargadas de emoción, alumnas e alumnos dos colexios da comarca quixeron render unha sentida homenaxe ás persoas que están nos centros de maiores, coa intención de mostrarlles o seu agarimo e facer que se sintan acompañados. Esta mañá, tanto no Asilo de Verín como no centro de día Solleira, os nosos e nosas anciáns recibiron unha gran mostra de cariño. Chelo Ferreiro, directora de Solleira, o centro de día de Verín, mostrábase emocionada coa iniciativa: "envíanlles cartas escritas por eles ós nosos maiores e son dignas de ler".

Foi a cativada do Colexio de Laza quen lles mandou as postais ós maiores do centro de día Solleira, que as recibían ista mañá cunha emoción que non podían disimular. Non foron os únicos; tamén o alumnado do Curso de atención Sociosanitaria da Academia Cero, en Xinzo da Limia, quixeron escribirlles cartas ós maiores para felicitarlles as festas. "Grazas por enseñarnos tanto con tan pouco", escribe Mercedes, unha das persoas que está estudiando Atención Sociosanitaria.

Alumnas do IES Xesús Taboada Chivite foron as encargadas de visitar ás persoas que residen no Asilo de Verín. Alí, o salón de actos encheuse para escoitar as palabras de cariño que lles dedicaron as rapazas. Unha iniciativa que puxeron en marcha Verónica Hermida e Elena Refojo, mestras de lingua castelá do Chivite, coa ilusión de facer sentir que as persoas maiores non se sintan soas. Así, 6 alumnas de 2º da ESO do centro, acompañadas pola Vicedirectora do mesmo, Josefa Pérez Rolán, deron voz ás misivas escritas ó tempo que llas entregaban.

Nadal postais centros maiores (FILEminimizer)
1 / 18

Reparto de postais no centro de día Solleira. | FOTO: Solleira.

Nadal postais centros maiores 01 (FILEminimizer)
2 / 18
Nadal postais centros maiores 02 (FILEminimizer)
3 / 18
Nadal postais centros maiores 03 (FILEminimizer)
4 / 18
Nadal postais centros maiores 05 (FILEminimizer)
5 / 18
Nadal postais centros maiores 06 (FILEminimizer)
6 / 18
Nadal postais centros maiores 07 (FILEminimizer)
7 / 18
Nadal postais centros maiores 08 (FILEminimizer)
8 / 18
Nadal postais centros maiores 09 (FILEminimizer)
9 / 18

A carta escrita por Mercedes, estudiante de atención sociosanitaria, é unha declaración de respecto e amor cara a xente maior.

Nadal postais maiores asilo 2022 (1)
10 / 18

Alumnas do Chivite foron as encargadas da entrega e lectura das postais de Nadal no Asilo de Verín. | FOTOS: Jainer Barros.

Nadal postais maiores asilo 2022 (3)
11 / 18
Nadal postais maiores asilo 2022 (4)
12 / 18
Nadal postais maiores asilo 2022 (6)
13 / 18
Nadal postais maiores asilo 2022 (7)
14 / 18
Nadal postais maiores asilo 2022 (8)
15 / 18
Nadal postais maiores asilo 2022 (9)
16 / 18
Nadal postais maiores asilo 2022 (10)
17 / 18
nadal postais solleira
18 / 18

Así loce a entrada do centro de día Solleira de Verín coas postais recibidas. | FOTO: Solleira.

FOTOGALERÍA | Os maiores de Verín reciben postais navideñas do alumnado da bisbarra