Xoves. 28.03.2024
Verín

FOTOGALERÍA | Os nenos de Verín xogan cos maiores e visitan unha adega da D.O.

As actividades de conciliación organizadas polo Concello de Verín contaron hoxe con dúas visitas moi diferentes. Os máis cativos, os da ludoteca de verán, tiveron un encontro interxeracional cos maiores do centro de día Solleira. Con eles puideron xogar e coñecer as súas historias de vida, fontes inesgotables de experiencia.

 

No encontro de hoxe participaron os cativos de entre 4 e 5 anos, mentres que o venres rematrán cos de 3. O obxectivo destas xornadas coa terceira idade é favorecer e visibilizar a importancia das relacións solidarias entre as distintas xeracións, promovendo actividades como esta nas que se facilite a convivencia e o contacto entre os maiores e os máis novos.

 

Por outra banda, os mozos do campamento urbano achegáronse ata as Adegas Daniel Fernández, en Quizás. Alí tiveron a ocasión der ver o proceso de almacenamento do viño, o uso das barricas, a fase de embotellamento ou de embalado. Percorreron toda a adega coñecendo os seus secretos, coincidindo na semana na que se celebra a Feira do Viño de Monterrei.

Visita dos mozos do campamento urbano de Verín ás Adegas Daniel Fernández.
1 / 10
WhatsApp Image 2022-08-10 at 12.35.16 PM
2 / 10
WhatsApp Image 2022-08-10 at 12.35.15 PM (1)
3 / 10
WhatsApp Image 2022-08-10 at 12.35.15 PM
4 / 10
WhatsApp Image 2022-08-10 at 12.35.14 PM
5 / 10
WhatsApp Image 2022-08-10 at 12.34.54 PM
6 / 10
WhatsApp Image 2022-08-10 at 12.34.53 PM (1)
7 / 10
WhatsApp Image 2022-08-10 at 12.34.53 PM
8 / 10
WhatsApp Image 2022-08-10 at 12.34.21 PM (1)
9 / 10
WhatsApp Image 2022-08-10 at 12.34.21 PM
10 / 10
Comentarios
FOTOGALERÍA | Os nenos de Verín xogan cos maiores e visitan unha adega da D.O.